martes, 18 de decembro de 2012

Nadal 2012



O vindeiro venres 21 de decembro, terá lugar o Festival de Nadal ás 11:30 horas no salón de actos do colexio.

Esperamos que nos acompañedes neste acto, así como no posterior xantar que compartiremos no comedor escolar.

O horario será o habitual dos vendes, rematando a xornada lectiva ás 14:15 horas.

Podes ver a decoración de Nadal, así coma outros álbumes nas galerías fotográficas ou premendo no seguinte enlace: fotos


venres, 14 de decembro de 2012

ALERTA METEOROLÓXICA


A Axencia Galega de Emerxencias informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIAS e VENTO que afectará ás zonas Noroeste e Oeste da Coruña e á zona da Mariña de Lugo. Este episodio iniciarase mañá día 14 de decembro e durará as 24 horas do día sinalado.
A devandita situación de risco suporá a suspensión de actividades no exterior das instalacións do centro escolar.
Prégase que se poña atención á información meteorolóxica subministrada, a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) e extremar a vixilancia das condicións meteorolóxicas existentes na zona de situación dos centros escolares, por se as circunstancias da localidade chegarán a supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

martes, 27 de novembro de 2012

Resultados Eleccións ao Consello Escolar

Rematadas as votacións para a elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, os candidatos elixidos son:

REPRESENTATES PROFESORADO:
  • María Vázquez Méndez
  • Susana Vázquez Regueiro
REPRESENTANTES PAIS/NAIS
  • Isabel Pereira Díaz
  • Vicente Rodríguez Doval
REPRESENTANTE PERSOAL LABORAL
  • Pilar Souto Roda

mércores, 14 de novembro de 2012

Eleccións Consello Escolar. Renovación parcial

Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, procédese á súa publicación:

CANDIDATURAS PROFESORADO:

  • María Vázquez Méndez
  • Susana Vázquez Regueiro
CANDIDATURAS PAIS/NAIS
  • Isabel Pereira Díaz
  • Vicente Rodríguez Doval
CANDIDATURAS PERSOAL LABORAL
  • Pilar Souto Roda

AS VOTACIÓNS TERÁN LUGAR O VINDEIRO 26 DE NOVEMBRO DE 2012 EN HORARIO:
  • 09:30 A 10:30
  • 15:00 ÁS 17:00

martes, 13 de novembro de 2012

luns, 12 de novembro de 2012

Samaín e Magosto

Hoxe celebramos o Magosto!!!

Teremos a visita dun pai, que nos ven contar historias de vello, tamén teremos un taller de xogos populares, entregaremos os diplomas de participación na exposición de cabazas decoradas do Samaín e, como non, comeremos as castañas!!!

E dende a pasada semana, a entrada do cole estivo decorada cos traballos que fixemos entre todos os alumnos e alumnas, relacionados coa temática de outono, Samaín, Halloween e magosto.

Se non o viches en directo, aquí tes unhas fotografías de como nos quedou:


















Pano de Fondo

O pasado xoves 8 de novembro, os rapaces e rapaces do primeiro ciclo de primaria fomo a Lugo a ver a exposición que Novacaixagalicia ten aberta no Centro Sociocultural da Praza Maior.

Trátase dunha exposición na que se realiza un achegamento á fotografía galega de estudio entre os anos 1880 e 1960, e na que se fai unha consideración especial aos panos que os fotógrafos ambulantes empregaban nas feiras e nas festas.

Despois de coñecer a exposición, fixemos no taller o noso propio pano de fondo, onde nos fixemos tamén unhas fotografías.

Gustounos moito a exposición, e estamos pensando en facer unha na escola con fotografías antigas que teñamos nas casas. Xa vos iremos informando deste proxecto.

Despois do pequeno almorzo no templete da Praza Maior, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos.

Deixámosvos unhas imaxes desta saída.









Hoxe chegaron ao correo do centro as fotos que nos fixo a monitora da exposición.
Mirade que chulas quedaron en sepia e branco e negro:




martes, 6 de novembro de 2012

PLAN PROXECTA


O noso centro inicia a súa participación no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Educación e OU para fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Se queres saber máis sobre este Plan, e os programas que o conforman, podes consultar esta páxina da Consellería.

Se queres saber como imos desenvolvendo no colexio este Plan, podes visitar o Blog Do Plan Proxecta do CEIP San Xoán de Becerreá

martes, 30 de outubro de 2012

Resumo do Plan Xeral Anual

Xa tedes na casa o resumo do Plan Xeral Anual do curso 2012/2013
Podédelo atopar tamén aquí se clicas na imaxe:




luns, 10 de setembro de 2012

Benvidos!!!

Xa estamos de novo empezando un novo curso.
As clases darán comenzo o mércores 12 de setembro en horario habitual.


mércores, 20 de xuño de 2012

Actividades de Fin de Curso

O venres 22 de xuño, celebraremos a festa de final de curso coas seguintes actividades:


10:00 a 11:30: Festa nas aulas
11:30: Entrega de diplomas de Lectura aos alumnos de primaria, no salón de actos
12:00: Exhibición de Ximnasia Rítmica no patio.
12:45: Exhibición de Iudo no patio


luns, 28 de maio de 2012

Visita ao IES

Hoxs, as nenas e nenos de 6º de EP do CEIP San Xoán de Becerreá e os do CEIP de As Nogais, fixemos unhs visita ao Instituto no que imos cursar estudos a partir do curso 2012/2013. Ensináronnos as instalacións, explicáronnos o plan de estudos e varias das normas que rexen a vida no centro, a biblioteca, a aula de francés, o comedor, a cafetría, o ximnasio... compartimos un recreo cos alumnos do instituto e os de 2º de BAC déronnos un pequeno concerto na aula de música.
Grazas a Mónica, a orientadora e a todas as profesoras e profesores que alí nos recibiron. Vémonos o vindiero curso!!!


Ao rematar, baixamos camiñando para comer na carballeira que está ao lado das novas piscinas. Tomamos un refresco grazas a uns bos samaritanos que apareceron polo camiño, xantamos, xogamos... e xa estamos de volta na escola.


martes, 8 de maio de 2012

Percorrido histórico polas terras de Becerreá




Xa tendes enlazado o traballo "Percorrido  histórico poas terras de Becerreá", realizado por Xavier Moure Salgado a petición da ANPA deste CEIP.


Grazas por poñelo á nosa disposición e por este traballo desinteresado que fará  que todos coñezamos  algo máis sobre as orixes da nosa vila.


Podedes acceder a el no botón "Becerreá"

venres, 4 de maio de 2012

Haring, feliz aniversario!!



Hoxe, Google  recórdanos o aniversario do nacemento de Keith Haring, artista pop de los 80 y 90, y gracias al cual, el grafitti se introduce en los museos de todo el mundo.

Más información sobre Haring:





luns, 30 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO JAZZ






Hoxe, 30 de abril, celébrase o primeiro Día Internacional do Jazz.
A Unesco declarou esta conmemoración, segundo as súas propias palabras, para celebrar unha música que significa "liberdade, diálogo, solidaridade e axuda mutua":

Este día ten como obxectivo sensibilizar o público en xeral sobre as virtudes da música jazz como unha ferramenta educativa e como un motor para a paz, unidade, diálogo e unha cooperación máis estreita entre os pobos. Gobernos, organizacións da sociedade civil, institucións de ensino e cidadáns xa implicados na promoción da música jazz aproveitarán esta oportunidade para dar a coñecer a idea de que non se trata tan só dun estilo de música, senón que jazz contribúe tamén á construcción de sociedades máis inclusivas.


A todo lo largo de su historia el jazz ha sido una fuerza de transformación social positiva y sigue siéndolo hoy día. Por esta razón, la UNESCO proclamó el Día Internacional del Jazz. Esta música, cuyas raíces se remontan a la esclavitud, constituye una expresión apasionada contra todas las formas de opresión. Habla un lenguaje de la libertad que es comprensible por todas las culturas. 

Para empezar, gozade co gran Louis Armstrong:


venres, 20 de abril de 2012

RECOÑECEMENTO MÉDICO

PROGRAMA EDUCATIVO CONTRA A OBESIDADE INFANTIL DA DEPUTACIÓN DE LUGO.

Os alumnos de 5º e 6º que queiran participar deben cubrir as autorizacións que se entregaron para realizar o recoñecemento médico o día 24/04/2012.



EXCURSIÓN EXPLORADORES TERRAS DO MIÑO

A Deputación de Lugo no cadro das actividades que está a desenvolver no décimo aniversario da Reserva da Biosfera Terras do Miño, invítavos o día 12 de maio a visitar: Fonmiñá, Cospeito, Alfoz e Lugo; a os nenos de entre 7 e 10 anos.
 É preciso que entreguedes a autorización cuberta o antes posible para poder asistir.
Para calque dúbida chamar a Mariana ( 637 85 76 73 ) ou a Enrique ( 677 53 38 40 ).
Saída ás 8:30 do bar VILLAMANE  de Becerreá.
Chegada sobre ás 19:30 ao bar VILLAMANE.


xoves, 19 de abril de 2012

Voltamos!



Xa estamos de novo na rede, e voltamos co obxectivo de comunicarnos con todos os membros da comunidade educativa.

É por iso que nos aventuramos nun novo proxecto coa creación deste blog que hoxe estreamos e ao que vos damos a todas e todos a benvida.

Neste novo espazo publicaremos novas, artigos, comentarios, vídeos, fotografías, comunicacións... do que vaia ocorrendo neste centro.

Pero para que todo esto funcione fainos falta algo que para nós é fundamental: vós.

A nosa intención é crear con este espazo un lugar aberto ao diálogo e ao debate, e por isto agardamos polos vosos comentarios e aportacións que con toda seguridade van enriquecer as publicacións.

Nós xa estamos a traballar. Pasade, poñédevos cómodos e participade o que vos apeteza. Estades na vosa casa.