sábado, 22 de novembro de 2014

NOVEMBRO: Elixidos Proxecto do Mes no MEC


Acabamos de coñecer que o noso proxecto eTwinning "A historia da miña casa",
levado a cabo  pola nosa compañeira Susana Vázquez, co alumnado da Aula de PT, 
foi elixido Proxecto do Mes polo Servizo Nacional. 

Este servizo, dependente do Ministerio de Educación, 
coordina o blog do SNA, no que se recolle esta nova xunto cunha reseña do noso traballo, 
como podedes ver neste enlace.
Previamente, este proxecto tiña sido premiado cun Selo de Calidade Nacional e cun 
Selo de Calidade Europeo, como podedes ver neste enlace.
É motivo de celebración para nós, polo que queremos compartilo convosco. 
Parabéns para todos, en especial para o alumnado das tres escolas participantes.

Podes ver a nova no Blogue da Embaixada eTwinning en Galicia.















Liga profesional de ortógrafos



LIGA PROFESIONAL DE ORTÓGRAFOS


A LPO comezou en outubro  na fase de grupos, na que todos os alumnos suman puntos 
para a súa clase.
Tivo lugar na aula TIC, onde se respostaron catro formularios (1º, 2º, 3º-4 e 5º-6º) 
en función da súa dificultade.
Todo o alumnado de primaria participou no encontro.
Estes foron os resultados:
1º – 6,45
2º – 7,83
3º – 6,00
4º – 6,28
5º – 6,83
6º – 8,125
O luns pasado celebramos o segundo encontro da fase de suma de puntos da nosa 
Liga Profesional de Ortografía. Nesta ocasión, estabamos a repasar os usos do <b> 
en castelán e os usos do <c> e o <z> en galego.

Os resultados seguen deixando un 6º claro gañador, aínda que moi preto están 2º e 4º. 
As puntuacións desta segunda edición son:
1º- 6.18
2º – 7.10
3º- 7.50
4º- 7.53
5º- 6.82
6º- 8.25
nov 129
nov 130
nov 131
octubre 020
octubre 013
octubre 005
Noraboa a todos os participantes!

luns, 13 de outubro de 2014

luns, 6 de outubro de 2014

Máis ortografía!!



Temos novidades na nosa "Campaña para unha mellor ortografía". Podes ver o vídeo e consultar as bases no Blog do Plan Proxecta do cole

"clic" na imaxe para visualizar o vídeo





Clic aquí para ver o vídeo.

mércores, 1 de outubro de 2014

Campaña para unha mellor ortografía

Comezamos cunha Campaña para mellorar a ortografía no noso centro.

O obxectivo da mesa é tratar de mellorar sustancialmente a comunicación escrita, aprender a escribir con precisión e dacordo coas normas oficiáis das dúas linguas da nosa comunidade.

Traballaremos diferentes normas ortográficas periódicamente, tanto en lingua galega como en lengua castelá dun xeito lúdico.

Contamos con dous recunchos nos que iremos expoñendo a norma a traballar cada semana, e neles podará colaborar o alumnado do centro que así o desexe. Esas mesmas normas serán repartidas polas aulas.

Nas aulas de quinto e sexto de educación primaria, iremos elaborando unha pequeña gramática coas normas xa aprendidas. O alumnado restes cursos será algún xeito o enlace co resto dos menos e nenas da escola e incluso do exterior do centro, para que esta campaña chegue ao maior número de lugares posible.

Tamén teremos un blog: "Unha mellor ortografía", que poderes consultar no seguinte enlace: unhamellorortografia.wordpress.com
Nel iremos colgando xogos interactivos, enlaces a actividades e ás normas.

Esperamos as vosas visitas!



mércores, 10 de setembro de 2014

SETEMBRO




Hoxe comezamos un novo curso!


Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa, especialmente aos nenos e nenas que se incorporan por primeira vez á escola.

Este vai ser un curso con moitas novidades: o novo curso configúrase como un ano no que o ensino por proxectos para a consolidación das competencias clave será máis e mellor asumido pola comunidade educativa. 




Parece que entramos nel con máis forza, nacida da experiencia dos pasados cursos.

Precisamente pola traxectoria do centro nos proxectos ComBas e Proxecta, fomos seleccionados como centro piloto na provincia de Lugo para desenvolver os contidos e acadar os obxectivos do Programa Educación Responsable, creado pola Fundación Botín.



Educación Responsable é un programa para contribuír ao desenvolvemento emocional, social e da creatividade no centro. Procura o crecemento físico, emocional, intelectual e social dos nenos, promovendo a mellora da convivencia nos centros escolares e fomentando a cratividade a partir do traballo con docentes, alumnos e familias.





Ao longo de tres anos a Universidade de Cantabria realizou unha avaliación externa da aplicación do programa mediante unha avaliación psicopedagóxica e comprobouse que houbo mellora das habilidades emocionais nos nenos, do clima da aula e dos resultados académicos. Este programa inclúe a formación do profesorado para a súa implementación.



Non nos esqueceremos dos nosos compromisos co contorno, máis desenvolvidos co Plan Proxecta, que perseguirá a “ELABORACIÓN DUNHA GUÍA TURÍSTICA MULTISENSORIAL DE BECERREÁ” liña plurianual para un traballo de recoñecemento, valoración e difusión do contorno próximo. A elaboración da guía está programada para o terceiro ciclo, pero contará con achegas significativas dos outros profesores / cursos implicados, e haberá tarefas complexas que se desenvolvan con carácter de centro.


Igualmente, continuaremos co noso compromiso coa mellora dascompetencias clave, polo que estamos decididos a solicitar un Contrato-Programa, coa Consellería de Educación, para incorporar todas aquelas medidas que incidan na mellora da competencia lingüística, do hábito lector e do razoamento lóxico-matemático. Partimos das avaliacións do centro e da avaliación de diagnóstico para detectar que hai un problema na capacidade de comprensión do alumnado. Por iso, consideramos que podemos solicitar este programa que nos dotará de formación e recursos económicos para a programación dunha liña de traballo complementaria á da Biblioteca Escolar e ás de aula. O colexio poderá contar con recursos económicos extraordinarios -gastos de funcionamento- para a actuación contratada en función das necesidades detectadas polo centro.


Manteremos a nosa participación no Proxecto eTwinning, da man da profesora deste CEIP, Susana Vázquez Regueiro xunto co alumnado da Aula de PT, que novamente vén de recibir o Selo Nacional de Calidade, un premio a nivel nacional que nos motiva para continuar no seu desenvolvimiento. Parabéns!


Levaremos á práctica o noso novo Plan de Biblioteca, para o que foi concedida unha axuda económica de desenvolvemento, nun PLAMBE. E adaptaremos o noso Proxecto de Normalización e Dinamización das Linguas, para axudar á consolidación do galego nos proxectos traballados e á dinamización de todas as linguas do centro nunha formación plural e completa.

Non podemos pechar este artigo sen solicitar a colaboración das familias einstitucións da zona no desenvolvemento dos nosos obxectivos, que perseguen o desenvolvemento dunha mocidade comprometida co contorno e capaz de valorar a riqueza e as características inherentes do espazo que habitan.

venres, 27 de xuño de 2014

ISUU

Na barra lateral tedes un enlace ao Isuu do centro. Nel poderedes atopar documentos en formato revista.