venres, 10 de febreiro de 2017

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS


O pasado luns día 6 os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º participaron nun curso de primeiros auxilios impartido por profesionais que se desprazaron ao noso centro. A actividade foi do agrado de todos que participaron e aprenderon un montón de cousas sobre como actuar ante un accidente.


O alumnado centrado nas explicacións.


Un momento da explicación.

martes, 7 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ MUNDIAL.


O pasado luns 30 de xaneiro xuntámonos todos para recordar un día especial que sempre temos que ter presente nas nosas vidas, de forma continua, sin esquecernos nunca: O DÍA DA PAZ MUNDIAL.
Dende o colexio insistimos cada día na Paz, non violencia, amizade, compañerismo... E cada un aportou algo...