luns, 23 de novembro de 2015

Equipazo!

No xornal "El Progreso" de hoxe, puidemos ler unha enquistado ao porteiro da SD Becerreá, Mito Orol Rodríguez. Tamén foto do equipo de benxamíns na que recoñecemos ademais de Mito, aos nosos compañeiros Dani, Alex e David. 
Parabéns aos catro!



martes, 17 de novembro de 2015

Un planetario no noso colexio

O día 17 de novembro o ximnasio converteuse no espazo sideral. Da man de Eurocosmos, os nosos nenos, nunha actividade organizada colaborativamente con Baralla, As Nogais e o Instituto de Becerreá, puideron facer unha viaxe polo Sistema Solar que veu a completar as súas aprendizaxes na aula.
Durante este mes foron organizadas actividades de aprendizaxe, exposicións temáticas e proxectos didácticos para que o noso alumnado domine este tema.

Educación Responsable. Xa somos centro de ano 2!

Como ben recordaredes, o noso centro foi seleccionado o pasado curso, para ser experiencia piloto na implementación do programa Educación Responsable, da Fundación Botín, que persegue a formación emocional na escola, en relación co desenvolvemento do currículo.

Este ano, xa comezamos as tarefas, que se reparten entre as dúas etapas educativas, abarcando as mesmas dimensións do pasado curso: música, arte, literatura e ferramentas TIC.

Iremos publicando as experiencias!

luns, 16 de novembro de 2015

Solidariedade co pobo francés



Debido aos tristes acontecementos ocurridos no pasado fin de semana en París, alumnado e profesorado do centro solidarízanse coas seguintes accións:



Un minuto de silencio na entrada do luns 16 de novembro.



Escoita da canción Imagine, de John Lennon. Esta é unha das pezas musicais que se están a traballar, en Música, para este Nadal. Verémola nun contexto moito menos festivo, pois tamén foi a seleccionada para ser interpretada, a piano, no espazo devastado polo terrorismo, concretamente, nas portas do teatro Batacán.




A mediodía, antes de baixar ao comedor, escoitamos este tema, Imagine, subtitulado en español. Imagine é un tema considerado oficiosamente o himno da paz mundial.


martes, 3 de novembro de 2015

Selo de Calidade Nacional e Selo de Calidade Europeo para o noso colexio

Durante o pasado curso, o alumnado da Aula de PT, coa colaboración puntual dos nenos de 6º, participou nun proxecto europeo eTwinning: Luz Digital.



No verán, este proxecto foi galardonado co Selo de Calidade Nacional e, neste fin de semana, Bruselas recoñeceuno cun Selo de Calidade Europeo.

Parabéns a todos os participantes!

Podes consultar a listaxe dos  nove proxectos galegos galardonados en Europa no Blogue da Embaixada eTwinning.