Hoxs, as nenas e nenos de 6º de EP do CEIP San Xoán de Becerreá e os do CEIP de As Nogais, fixemos unhs visita ao Instituto no que imos cursar estudos a partir do curso 2012/2013. Ensináronnos as instalacións, explicáronnos o plan de estudos e varias das normas que rexen a vida no centro, a biblioteca, a aula de francés, o comedor, a cafetría, o ximnasio... compartimos un recreo cos alumnos do instituto e os de 2º de BAC déronnos un pequeno concerto na aula de música. Grazas a Mónica, a orientadora e a todas as profesoras e profesores que alí nos recibiron. Vémonos o vindiero curso!!!
Ao rematar, baixamos camiñando para comer na carballeira que está ao lado das novas piscinas. Tomamos un refresco grazas a uns bos samaritanos que apareceron polo camiño, xantamos, xogamos... e xa estamos de volta na escola.
Hoxe, Google recórdanos o aniversario do nacemento de Keith Haring, artista pop de los 80 y 90, y gracias al cual, el grafitti se introduce en los museos de todo el mundo.
Hoxe, 30 de abril, celébrase o primeiro Día Internacional do Jazz.
A Unesco declarou esta conmemoración, segundo as súas propias palabras, para celebrar unha música que significa "liberdade, diálogo, solidaridade e axuda mutua":
Estedíaten como obxectivosensibilizaro público en xeralsobreas virtudesda música jazzcomo unha ferramentaeducativae como unmotorpara a paz,unidade,diálogo e unha cooperación máis estreitaentre os pobos.Gobernos,organizacións da sociedade civil,institucións de ensinoe cidadánsxaimplicados napromociónda músicajazz aproveitarán esta oportunidade paradar a coñecer aidea de quenon se trata tan só dunestilo de música, senón que jazz contribúe tamén á construcción de sociedades máis inclusivas.
A todo lo largo de su historia el jazz ha sido una fuerza de transformación social positiva y sigue siéndolo hoy día. Por esta razón, la UNESCO proclamó el Día Internacional del Jazz. Esta música, cuyas raíces se remontan a la esclavitud, constituye una expresión apasionada contra todas las formas de opresión. Habla un lenguaje de la libertad que es comprensible por todas las culturas.
A Deputación de Lugo no cadro das actividades que está a desenvolver no décimo aniversario da Reserva da Biosfera Terras do Miño, invítavos o día 12 de maio a visitar: Fonmiñá, Cospeito, Alfoz e Lugo; a os nenos de entre 7 e 10 anos. É preciso que entreguedes a autorización cuberta o antes posible para poder asistir. Para calque dúbida chamar a Mariana ( 637 85 76 73 ) ou a Enrique ( 677 53 38 40 ). Saída ás 8:30 do bar VILLAMANE de Becerreá. Chegada sobre ás 19:30 ao bar VILLAMANE.
Xa estamos de novo na rede, e voltamos co obxectivo de comunicarnos con todos os membros da comunidade educativa.
É por iso que nos aventuramos nun novo proxecto coa creación deste blog que hoxe estreamos e ao que vos damos a todas e todos a benvida.
Neste novo espazo publicaremos novas, artigos, comentarios, vídeos, fotografías, comunicacións... do que vaia ocorrendo neste centro.
Pero para que todo esto funcione fainos falta algo que para nós é fundamental: vós.
A nosa intención é crear con este espazo un lugar aberto ao diálogo e ao debate, e por isto agardamos polos vosos comentarios e aportacións que con toda seguridade van enriquecer as publicacións.
Nós xa estamos a traballar. Pasade, poñédevos cómodos e participade o que vos apeteza. Estades na vosa casa.