No blog do Plan Proxecta do cole, podedes facer un seguimento das actividades que se están a realizar no CEIP San Xoán co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2013.
Hoxe rematamos cunha sesión de contacontos e unha actuación musical a cargo do alumnado de sexto de EP
(Clic na imaxe)
luns, 20 de maio de 2013
luns, 6 de maio de 2013
Premios Muralla de Lugo
Parabéns a Diego Méndez Gerbolés,
que resultou FINALISTA na modalidade de Debuxo nos premios Muralla de Lugo 2013
que resultou FINALISTA na modalidade de Debuxo nos premios Muralla de Lugo 2013
Neste enlace podes ler a noticia do xornal "El Progeso".
martes, 23 de abril de 2013
23 de abril. Día do libro
O 23 de abril de 1616 faleceron as seguintes personalidades : Cervantes, Shakespeare, o Inca Garcilaso de la Vega.Para render homenaxe universal aos libros e aos autores, a Conferencia Xeral da Unesco tomou esta decisión no ano 1996 en París. Dende entón vense celebrando cada 23 de abril o DIA DO LIBRO.
Para saberes máis sobre esta data, podes consultar a wikipedia.
Tamén vos dixamos unhas actividades relacionadas con este día:
"El gran juego del Quijote"
23 de abril, día do libro
La aventura de los Molinos
E unha presentación dun divertido conto: El increíble niño comelibros:
venres, 22 de marzo de 2013
Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Diá da árbore e da auga con diferentes actividades que podedes ver nos blogs da escola (proxecta, aula tic, aulas nos ancares) e na web da Deputación Provincial de Lugo. E se fas clic na foto, verás un vídeo da fundación TIC da reportaxe deste dia
martes, 18 de decembro de 2012
Nadal 2012
O vindeiro venres 21 de decembro, terá lugar o Festival de Nadal ás 11:30 horas no salón de actos do colexio.
Esperamos que nos acompañedes neste acto, así como no posterior xantar que compartiremos no comedor escolar.
O horario será o habitual dos vendes, rematando a xornada lectiva ás 14:15 horas.
Podes ver a decoración de Nadal, así coma outros álbumes nas galerías fotográficas ou premendo no seguinte enlace: fotos
venres, 14 de decembro de 2012
ALERTA METEOROLÓXICA
A Axencia Galega de Emerxencias informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIAS e VENTO que afectará ás zonas Noroeste e Oeste da Coruña e á zona da Mariña de Lugo. Este episodio iniciarase mañá día 14 de decembro e durará as 24 horas do día sinalado.
A devandita situación de risco suporá a suspensión de actividades no exterior das instalacións do centro escolar.
Prégase que se poña atención á información meteorolóxica subministrada, a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) e extremar a vixilancia das condicións meteorolóxicas existentes na zona de situación dos centros escolares, por se as circunstancias da localidade chegarán a supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.
domingo, 9 de decembro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

