mércores, 22 de marzo de 2017

ALERTA AMARELA


Asunto:Alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia
Data:Martes, 21 Marzo 2017 (17:51:48 CET)
De:nonresponder@edu.xunta.es
A:ceip.sanxoan@edu.xunta.es
 Parte de Texto (2 KB)  
Estimado/a director/a,
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1.       A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
2.       A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA, a partir das 00:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 15 cm de espesor, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense.
   3. A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario