ALERTA AMARELA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
2. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA, a partir das 00:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 15 cm de espesor, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense.
3. A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia