https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoan/
CEIP SAN XOÁN BECERREÁ
luns, 16 de decembro de 2019
AVISO IMPORTANTE
A partires do vindeiro trimestre todos os avisos, notificacións e novas publicacións comunicaranse na seguinte ligazón
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoan/
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoan/
venres, 29 de novembro de 2019
Semana da Contitución
Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia
Na primeira semana deste mes temos unha data de especial conmemoración: o día 6 de decembro lembramos A CONSTITUCIÓN española e o ESTATUTO de autonomía de Galicia.
O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defende a
IGUALDADE, A XUSTIZA E A LIBERDADE
venres, 22 de novembro de 2019
martes, 19 de novembro de 2019
Día Universal dos nenos e nenas
O obxectivo do Día Universal do Neno é recordar aos cidadáns que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofren as crises e problemas do mundo.
Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito a saúde, educación e protección, independentemente de onde naceron no mundo.
Dedicar un día internacional aos nenos tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o traballo das persoas que traballan cada día para que os nenos teñan un futuro mellor.
VÍDEO DO ALUMNADO DE INFANTIL. pincha
ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA
VÍDEO DO ALUMNADO DE INFANTIL. pincha
ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA
Pincha na foto para escoitarnos sobre os nosos dereitos.
luns, 18 de novembro de 2019
Diploma de recoñecemento
Dende o GDR3, Asociación de Montes e Vales Orientais recoñe o noso traballo cara a difusión entre o alumnado dos valores asociados á organización da feira do mel.
mércores, 13 de novembro de 2019
A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá, venres 15, a actividade lectiva nos centros da Montaña de Lugo
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA na zona de predición meteorolóxica da montaña de Lugo durante venres día 15.11.2019 a partires das 00.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do 16.11.2019, por Nevaradas con espesores superiores a 20 cm.
Así mesmo advirte dun adverso de nivel amarelo que afectará á zona de montaña de Ourense por nevaradas con espesores de ata 15 cm.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. MANTENSE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DOCENTES E DO TRANSPORTE ESCOLAR nos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO), dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico, con seguimento das condicións climáticas.
2. A NON SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES na zona de montaña de Ourense.
3. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
4. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/ eltiempo/prediccion/avisos?w= mna&k=gal )
luns, 11 de novembro de 2019
Concurso Pintameles
Parabéns á nosa alumna Jimena Picos que gañou o 2º premio no concurso Pintameles deste ano 2019.https://drive.google.com/open?id=0B3B0J9KvRmhmZ2VKM0k3OXJtOUZTd3dvcFdlYWlTTS00Smtz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)