martes, 26 de febreiro de 2019

ENTROIDO 2019

PARA  O ENTROIDO COMEZAR
ALGO NA TESTA HAS DE LEVAR
E ENGALANAR O PESCOZO
PARA QUE TODO SEXA UN GOZO.

PARA O XOVES LEVARÁS
NO ROSTRO UN ZIG-ZAG
DARASLLE A VOLTA A CAMISOLA
XA VERÁS COMO MOLA

PARA O VENRES REMATARÁS
 CARACTERIZADO DE ANIMAL 
 NO PATIO DO COLEXIO
ÁS ONCE DA MAÑÁ.














 











luns, 25 de febreiro de 2019

Campionato de Tenis mesa

O xoves pasado acudimos ao pavillón do IES de Becerreá para facer un Campionato de Tenis de Mesa con Baralla, San Román, As Nogais, Pedrafita, Courel e Becerreá.



Día Internacional da Lingua Galega

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural



xoves, 21 de febreiro de 2019

A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE BECERREÁ



A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE BECERREÁ

A Tradescola,  xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro venres 22 de febreiro ata Becerreá  para realizar unha xornada didáctica de música tradicional para escolares. Amosaranlles ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. 




mércores, 13 de febreiro de 2019

Día de Rosalía de Catro 2019

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
O 24 de febreiro foi a data de nacemento da autora.

PARTICIPAMOS COA FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO (enlace)

#AlboradadeRosalía