luns, 28 de maio de 2018

VIAXE DE 4º, 5º e 6º A CANTABRIA



A nosa primeira foto de grupo en Cudillero, fermosa vila mariñeira asturiana, que na actualidade está adicada principalmente ao turismo.



En Covadonga, vistita obrigada á Santina.



Paseo marítimo de Gijón.



Cos dinosaurios, nos xardíns do MUJA en Columbres, Asturias.



Vistas desde O Soplao aos Picos de Europa.


Entrada á Cova do Soplao.



Paseo marítimo pola praia de "El Sardinero" en Santander. Palacio da Magdalena ao fondo.



El Capricho de Gaudí.


Xardíns de "El Capricho de Gaudí" en Comillas, Santander.



Dentro da Neocova en Altamira.


Xardíns do MUJA en Columbres. Cúpula do museo ao fondo.


Atendendo as explicacións da guía no MUJA.


Entrada e xardíns do MUJA.


Sentados nunha escaleira en Santillana del Mar.


En Cabárceno, esperando aos compañeiros que veñen nas outras cestas no teleférico.


Vistas ao Parque de Cabárceno desde o teleférico.


Foto de grupo en Santillana del Mar.

mércores, 23 de maio de 2018

Excursión ao Cebreiro

Os nosos pequenos e pequenas de e de Educación Primaria disfrutaron dunha fermosa excursión a Pedrafita na que pasearon, comeron en plena natureza e visitaron a Queixería Castelo de Brañas, pioneira na fabricación dun queixo artesán moi moi particular. 




Moitas grazas á queixería por acollernos e explicarnos a súa elaboración!




Se queredes máis información podedes visitar a súa páxina web:



Maios e Letras

Celebramos os Maios e o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial!!

Os maiores do cole traballaron na preparación e representación do poema "O almorzo" da nosa homenaxeada María Victoria Moreno co que todos/as rimos e disfrutamos.



E non podía faltar un pouco de música para bailar ao redor dos Maios que todos os nenos e nenas do cole montaron con fermosas follas e flores. 

Qué bonitiños quedaron!!





martes, 15 de maio de 2018

As Letras Galegas están ao chegar!

Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura a María Victoria Moreno, a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.

Todo o cole está a traballar ao longo da semana na celebración deste día tan importante para nós os galegos coñecendo a vida e obra da nosa escritora homenaxeada e realizando diversas e interesantes actividades. 

Aquí vos deixamos un anaco da súa biografía para coñecer un pouco máis e mellor a nosa "Letra Galega":

María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. 



xoves, 10 de maio de 2018

Preparámonos para...

O S   M A I O S

Para festexar o fin do duro inverno e o reciente comezo da Primavera

Con flores, cantos e festa disfrutaremos dunha das tradicións folclóricas máis antigas, achegándonos á natureza a contactar coa súa beleza! 



mércores, 2 de maio de 2018

Almorzos s a u d a b l e s


Disfrutamos dun almorzo saudable e aprendemos un montón sobre hábitos de alimentación
"Non empeces unha dieta que poida rematar algún día, senón uns hábitos saudables que manterás toda a túa vida".
E ademáis, levámonos de regalo un kit de hixiene dental para estar sempre limpos e frescos!

Bo proveito!! 


TORNEO DE TENIS DE MESA


Gran xuntanza de coles para celebrar o torneo de tenis de mesa en Becerreá. 

Recibimos as visitas de Navia, Cervantes, As Nogais e Pedrafita e animamos aos participantes nas súas partidas! Foi un gran placer!

Noraboa ós campións e campionas!!