xoves, 16 de novembro de 2017

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

   
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA








 A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno.

 A declaración establece o dereito dos nenos e nenas a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espriritual; asistencia especial cando estean famentos, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.


Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais”


Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos, máis detallada cas anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra específicamente os dereitos dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.


PARA TRABALLAR NA AULA:

http://www.genmagic.net/derechos/indexfla.swf




mércores, 8 de novembro de 2017

Magosto 2017

Todo o centro celebramos o magosto comendo castañas e realizando diferentes xogos.

QUE BEEN O PASAMOSSSSS!!!





xoves, 2 de novembro de 2017

Samaín 2017


A antiga festividade céltica do samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. 

Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.