A ANPA organizou esta actividade
luns, 25 de marzo de 2019
venres, 22 de marzo de 2019
Día Mundial da Poesía
O alumnado celebra o Día da Poesía creando diversas poesías relacionadas cos animais. Con todas elas crearemos un pequeno libro que poderedes ver en breve na Biblioteca.
luns, 18 de marzo de 2019
Exposición de debuxos do alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria
Exposición dos debuxos do VII certame sobre os instrumentos da música tradicional galega
Actualmente temos expostos no Centrad todos os debuxos que foron realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que participaron no VII certame sobre os instrumentos da música tradicional galega. Son preto de 1000 debuxos feitos por nenas e nenos que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.
Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo,e que acadou este ano a súa septima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.
Se queredes visitar a exposición, podedes facelo no CENTRAD (Rúa Chantada S/N - Lugo) de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas!!!
Día da árbore 2019
O alumnado do centro está a celebrar a semana da Árbore e da Auga; e como non podía faltar a nosa árbore, este ano todos os alumnos do centro estiveron á plantación dun carballo (quercus robur) no céspede do noso patio.
Ponnos de verde! coa túa escola
DÍA MUNDIAL DA AUGA
mércores, 13 de marzo de 2019
Semana da Prensa 2019
Outro ano máis o alumnado do centro participa na creación do noso propio PERIÓDICO ESCOLAR nesta Semana da Prensa.
Como estará quedando??
Como estará quedando??
venres, 8 de marzo de 2019
Día Internacional da muller 2019
Gracias a todos e todas pola participación no vídeo para dar a coñecer o Día internacional da muller.
Defendemos os dereitos da muller o 8 de marzo e tódolos días!
Queda moito por facer, reclama a igualdade.
O alumando do centro quixo dar voz as Mulleres Galegas que sen sabelo iniciaron a loita pola igualdade.
Defendemos os dereitos da muller o 8 de marzo e tódolos días!
Queda moito por facer, reclama a igualdade.
O alumando do centro quixo dar voz as Mulleres Galegas que sen sabelo iniciaron a loita pola igualdade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)