Canción: O isto ou aquilo
Seremos o que nós queramos ser
Música e letra: Sérgio Tannus
Canción: Ou iso ou aquilo - Alegría! (librodisco Ed. Galaxia 2015)
PROXECTO DONAS DE SI
Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.
Canción: O isto ou aquilo
Seremos o que nós queramos ser
Música e letra: Sérgio Tannus
Canción: Ou iso ou aquilo - Alegría! (librodisco Ed. Galaxia 2015)
PROXECTO DONAS DE SI
Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.
Obxectivo xeral
O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal visibilizar e pór en valor a participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Polo día das bibliotecas (24-10-19)
A sen conto
Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe devolvésea á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete enanitos e ser a súa criada ata que un príncipe viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun raparigo; nin esperaba que San Jorge salvásea do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrastra, dun pai ou dun fada boa.
Calzouse os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio, converténdose nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.
Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contracorriente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e abandonouse á súa sorte, de súpeto, salvouna a capitá Pippi Lå ngstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda navegaban polo mar das letras para rescatar a todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer aos máis débiles.
Finalmente, despois de moitas tribulacións chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falaba Borges. Un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dicía Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos puntos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado afastado e ao afastado futuro; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicou Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.
Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todos, tamén dos sen conto, dos sen libro, dos sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.
(Texto: Gemma Pasqual. Cartel: Miguel Calatayud)
FALADOIROS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO 2019
Programados polo Centro de Servizos Sociais de Becerreá.
CEIP SAN XOÁN .....23 de maio de 2019 dirixido ao alumnado.
CEIP SAN XOÁN .....23 de maio de 2019 dirixido ao alumnado.
CASA DA CULTURA DE BECERREÁ.... 8 de xuño de 2019 dirixido a toda a poboación.
Obxectivos Xerais:
- -Incrementar o benestar social e a mellora da calidade de vida da poboación xeral.
- - Mellorar a integración social.
- - Reflexionar sobre a violencia.
Obxectivos específicos:
- - Reflexionar sobre as diferencias no trato e a educación que nenos e nenas reciben en función do sexo.
- -Analizar as diferentes imáxes e mensaxes que os medios de comunicación reproducen e transmiten en torno á imaxen do femenino e o masculino.
- -Visibilizar a diversidade de concepcións en torno ó femenino e ó masculino nas diferentes xeneracións épocas e na nosa realidade cercana.
- - Elevar o nivel de conciencia da problemática da violencia machista.
- - Fomentar a correcta interrelación entre homes e mulleres.
- - Detectar, coñecer e clasificar os diferentes tipos de violencias exercida hacia as mulleres e as nenas, tanto a violencia directa como a violencia indirecta ou simbólica.
- - Identificar a xeneralización da violencia contra as mujeres, nenas e adolescentes, a nivel global e local.
- - Analizar los efectos que tienen los diferentes tipos de violencia sobre a vida das mulleres e nenas.
- -Identificar a violencia hacia as mulleres e nenas como una flagrante violación de
- los Derechos Humanos.
- -Analizar os efectos da violencia de xénero na xuventud sobre as relacións de parella das e dos adolescentes.
- -Reflexionar sobre a violencia de xénero que a juventud vive no seu contexto
- local.
- -Desmitificar ideas falsas sobre a Violencia de xénero en canto a estereotipos de agresores, clases sociales nas que se produce...
- -Reflexionar e buscar fórmulas sobre cómo pasar á acción, previr e enfrentala violencia de xénero na xuventude.
- -Analizar, detectar e previr cómo inflúen as novas tecnologías no fomento da violencia 2.0
CORTO PARA TRABALLAR A IGUALDADE
Traballar en Igualdade desde idades temperás é, sen dúbida, unha das mellores armas para previr actitudes sexistas e mesmo evitar en certos casos a violencia de xénero.
O Príncipe Cincento: Esta historia móstranos unha versión diferente do tradicional conto de "A Cincenta". Este novo enfoque do conto ten un gran valor educativo para traballar a igualdade, compartir as tarefas da casa e eliminar estereotipos sexistas sobre roles de homes e mulleres.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
#StopBullying
O 2 de Maio conmemóranse o Día Internacional Contra o Acoso Escolar, dende o noso centro, manifestamos o noso completo rexeitamento ante calquera tipo de acoso e/ou bullying.
AS DIFERENCIAS ENRIQUÉCENNOS, O RESPECTO ÚNENOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario