mércores, 19 de xuño de 2019

Convivencia co Centro Social de Becerreá

O alumnado de 5º e 6º gozou dunha xornada de xogos cos asistentes do Centro Social de Becerreá.
Visitamos o local e realizamos xogos como o coñecido "Pasapalabra" e o Bingo.
Clara, Saúl e David obtiveron o seu premio do Bingo.



luns, 17 de xuño de 2019

Ruta de Castelo - Cruzul


O alumnado de 5º de primaria realizou unha camiñata entre  Castelo e Cruzul. 
Máis de 12 quilómetros!! 
Uns campeóns! 


venres, 14 de xuño de 2019

Visita a San Paio de Narla

Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla

A Fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e no ano 1983 convértea en museo histórico e etnográfico, trasladando a ela boa parte das coleccións etnográficas do Museo de Lugo.
 Ten un corpo central flanqueado pola torre da Homenaxe e por un gran torreón. A planta baixa formada polo patio, as cortes e a adega, acolle unha colección de útiles de traballos agrícolas, diversos obxectos de equitación e ferramentas para o tecido da la e o liño. A planta primeira compóñense dunha cociña, un salón e outras estancias nas que podemos ver obxectos artísticos, mobiliario e enxoval doméstico. Desde a última planta, onde destaca unha cheminea renacentista, pódese acceder ao  almenado e contemplar a contorna da fortaleza. A capela, do século  XVIII, separada do edificio principal, ten planta cadrada con tellado a catro augas. Destaca no seu interior un retablo do século  XIX.
Resultado de imagen de san paio de narla castelo   

martes, 11 de xuño de 2019

Visita a O Enredo do Abelleiro

O alumnado de 3º e 4º visitou o Museo Vivinte do mel.


O obxectivo principal deste espazo familiar é divulgar a importancia da abella a cantas persoas achéganse a visitalo para coñecer un pouco máis deste xigante diminuto.

É un  Museo Vivinte no que non só se mostra unha visión da apicultura dos nosos antepasados senón tamén a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna.




Os nenos e nenas puideron  degustar e adquirir  os distintos produtos naturais derivados das abellas que comercializamos: mel, mel en  panal, mel e xelea, mel e  canela, mel e noces, pole,  propóleos, xelea real,….

sábado, 1 de xuño de 2019

Día mundial do Medio Ambiente

Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

http://www.sargantana.info/juega/_game.swf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1327923458/contido/aprender_jugando/juegos/aire-agua.swf


Finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola coa colaboración da Deputación de Lugo

Andrea Piélago gañadora do Certame de debuxo!

ENLACE os Debuxos dos finalistas









PICA AQUÍ
Xa temos @s finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola!! Participaron  preto de 1000 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.
Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa septima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.
A todos @s participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 25 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico de música tradicional!!!!!!
NORABOA PARA:
  • ANDREA PINILLA
  • ANDREA PIÉLAGO
  • IVÁN DÍAZ
A entrega de agasallos terá lugar o vindeiro martes 4 de xuño a partir das 17.30 horas no Centro Cultural o Vello Cárcere de Lugo onde poderemos disfrutar tamén das actuacións d@s nen@s e rapaz@s da Tradescola!!