luns, 16 de decembro de 2019

venres, 29 de novembro de 2019

Semana da Contitución

Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia

Na primeira semana deste mes temos unha data de especial conmemoración: o día 6 de decembro lembramos A CONSTITUCIÓN española e o ESTATUTO de autonomía de Galicia.

O máis importante é que a nosa constitución garantíza que defende a


        IGUALDADE,  A  XUSTIZA  E A LIBERDADE
Pincha na imaxe



martes, 19 de novembro de 2019

Día Universal dos nenos e nenas

O obxectivo do Día Universal do Neno é recordar aos cidadáns que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofren as crises e problemas do mundo.

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito a saúde, educación e protección, independentemente de onde naceron no mundo.

Dedicar un día internacional aos nenos tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o traballo das persoas que traballan cada día para que os nenos teñan un futuro mellor.

VÍDEO DO ALUMNADO DE INFANTIL. pincha



ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA





Pincha na foto para  escoitarnos sobre os nosos dereitos.

luns, 18 de novembro de 2019

Diploma de recoñecemento

Dende o GDR3, Asociación de Montes e Vales Orientais recoñe o noso traballo cara a difusión entre o alumnado dos valores asociados á organización da feira do mel.


mércores, 13 de novembro de 2019

A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá, venres 15, a actividade lectiva nos centros da Montaña de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA na zona de predición meteorolóxica da montaña de Lugo durante venres día 15.11.2019 a partires das 00.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do 16.11.2019, por Nevaradas con espesores superiores a 20 cm.
Así mesmo advirte dun adverso de nivel amarelo que afectará á zona de montaña de Ourense por nevaradas con espesores de ata 15 cm.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
    1. MANTENSE A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DOCENTES E DO TRANSPORTE ESCOLAR nos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO), dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico, con seguimento das condicións climáticas.
    2. A NON SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES na zona de montaña de Ourense.
    3. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
    4. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

 A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )




mércores, 23 de outubro de 2019

Magosto


Letra realizada polo alumnado de 5º de primaria

Como todos os anos, celebramos o Magosto no cole o día 11 de Novembro. 

Para iso, necesitamos da vosa colaboración, traendo unhas poucas castañas amozcadas entre o día 6 e 7 de Novembro.

Grazas pola colaboración.

martes, 22 de outubro de 2019

Samaín 2019



Xa está chegando o Samaín o centro, festa de Tradición galega, onde celebramos o fin do verán e damos a benvida o inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para ir entrando en ambiente, podedes traer unha cabaza decorada e participar no 4º concurso Literario de Contos de Terror.










Pincha na foto para acceder ao xogo


martes, 15 de outubro de 2019

Brauliotuber

Onte tivemos a visita de Braulio, un compoñente dos Bolechas. E gravamos o tema do capítulo " Os xogos da Praia" na nosa biblioteca. Ademáis cantamos unha canción .. que ben nos quedou!! Xa estamos desexando vernos!

martes, 8 de outubro de 2019

ECO - PATRULLA AO RESCATE

Unha das primeiras accións que ten que levar a cabo un colexio, se quere converterse nunha EcoEscola é poñer en marcha as Patrullas Ecolóxicas. As EcoPatrullas estarán formadas por alumnos e alumnas, que rotarán diariamente. Identificaranse con puntos verdes e levarán a cabo as súas funcións durante o recreo da mañá.

Queremos concienciar á Comunidade Educativa do Colexio (alumnado, profesores, conserxe, pais, nais, familias,…) da necesidade de ser Eco-sustentables.





Chega o deporte as nosas aulas

Tanto a Escola de Iudo como a Escola de Baloncesto trouxéronnos unhas xornadas de deporte. 

Gustounos moito e de seguro que moitos dos nosos alumnos e alumnas apuntaránse para practicalo este ano. 




martes, 24 de setembro de 2019

Día Europeo das Linguas


Os 47 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 800 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. 
Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa. 
Celebremos a diversidade políglota

Celebra con nós o día Europeo das linguas!



mércores, 28 de agosto de 2019

Volta ao cole


Reunión do profesorado o luns 2 de setembro ás 11:00 horas.
Claustro martes 3 ás 10:30 horas.
As clases comezarán o mércores día 11 de setembro.

mércores, 19 de xuño de 2019

Convivencia co Centro Social de Becerreá

O alumnado de 5º e 6º gozou dunha xornada de xogos cos asistentes do Centro Social de Becerreá.
Visitamos o local e realizamos xogos como o coñecido "Pasapalabra" e o Bingo.
Clara, Saúl e David obtiveron o seu premio do Bingo.



luns, 17 de xuño de 2019

Ruta de Castelo - Cruzul


O alumnado de 5º de primaria realizou unha camiñata entre  Castelo e Cruzul. 
Máis de 12 quilómetros!! 
Uns campeóns! 


venres, 14 de xuño de 2019

Visita a San Paio de Narla

Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla

A Fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e no ano 1983 convértea en museo histórico e etnográfico, trasladando a ela boa parte das coleccións etnográficas do Museo de Lugo.
 Ten un corpo central flanqueado pola torre da Homenaxe e por un gran torreón. A planta baixa formada polo patio, as cortes e a adega, acolle unha colección de útiles de traballos agrícolas, diversos obxectos de equitación e ferramentas para o tecido da la e o liño. A planta primeira compóñense dunha cociña, un salón e outras estancias nas que podemos ver obxectos artísticos, mobiliario e enxoval doméstico. Desde a última planta, onde destaca unha cheminea renacentista, pódese acceder ao  almenado e contemplar a contorna da fortaleza. A capela, do século  XVIII, separada do edificio principal, ten planta cadrada con tellado a catro augas. Destaca no seu interior un retablo do século  XIX.
Resultado de imagen de san paio de narla castelo   

martes, 11 de xuño de 2019

Visita a O Enredo do Abelleiro

O alumnado de 3º e 4º visitou o Museo Vivinte do mel.


O obxectivo principal deste espazo familiar é divulgar a importancia da abella a cantas persoas achéganse a visitalo para coñecer un pouco máis deste xigante diminuto.

É un  Museo Vivinte no que non só se mostra unha visión da apicultura dos nosos antepasados senón tamén a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna.




Os nenos e nenas puideron  degustar e adquirir  os distintos produtos naturais derivados das abellas que comercializamos: mel, mel en  panal, mel e xelea, mel e  canela, mel e noces, pole,  propóleos, xelea real,….

sábado, 1 de xuño de 2019

Día mundial do Medio Ambiente

Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

http://www.sargantana.info/juega/_game.swf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1327923458/contido/aprender_jugando/juegos/aire-agua.swf


Finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola coa colaboración da Deputación de Lugo

Andrea Piélago gañadora do Certame de debuxo!

ENLACE os Debuxos dos finalistas









PICA AQUÍ
Xa temos @s finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola!! Participaron  preto de 1000 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.
Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa septima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.
A todos @s participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 25 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico de música tradicional!!!!!!
NORABOA PARA:
  • ANDREA PINILLA
  • ANDREA PIÉLAGO
  • IVÁN DÍAZ
A entrega de agasallos terá lugar o vindeiro martes 4 de xuño a partir das 17.30 horas no Centro Cultural o Vello Cárcere de Lugo onde poderemos disfrutar tamén das actuacións d@s nen@s e rapaz@s da Tradescola!!