xoves, 21 de xuño de 2018

mércores, 20 de xuño de 2018

Excursión a AVIFAUNA


Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria visitan o fantástico parque ornitolóxico de Avifauna, en Outeiro de Rei!

Qué ben o pasamos!!😊😊


Ide dar unha volta a coñecer as moitas especies de aves que hai!
Podedes visitar a páxina web pinchando neste enlace: AVIFAUNA

xoves, 14 de xuño de 2018

Excursión a MARCELLE

Os nosos pequenos de infantil disfrutan dun día no Parque Zoolóxico de Marcelle, onde coñecemos a un montón de animais como babuínos, cobos, bisontes, suricatos... e aprendemos moito sobre eles!

Pasáronno pipa!! 



Invitamos a todos e todas a ir 😊
Aquí vos deixamos información sobre o Parque Zoolóxico de Marcelle.  



xoves, 7 de xuño de 2018

Javier González Corral, alumno de 5º, comparte con nós a súa afección polos paxaros. 
Estamos encantados de velos no cole!!!


martes, 5 de xuño de 2018

C o m p o s t a n d o !

Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente disfrutando dun novo ecoconto da Familia Trebón que nos ensina os pormenores da compostaxe doméstica, como por exemplo: en que lugar debe ubicarse o composteiro, que materiais debemos depositar nel e diversas aplicacións do abono resultante.


A compostaxe doméstica é unha boa forma de reciclar a materia orgánica naquelas vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, así que... animádevos a compostar!!!