mércores, 19 de decembro de 2018

CHEGA PAPÁ NOEL

Vaia semaniña temos... hoxe aparece no colexio Papa Noel!!!!  Preguntounos como nos portaramos e o que queríamos para este Nadal. Que ledicia!! e ademáis agasallounos con caramelos e bombóns. Que máis se pode pedir?? 









martes, 18 de decembro de 2018

4º MERCADILLO DE NADAL


Todos podemos participar no MERCADILLO DE NADAL coa nosa aportación, poden levarse manualidades, xoguetes, cousas que queirades intercambiar e que xa non precisedes... e se eres cocinillas xa sabes! traeno para probar!


luns, 17 de decembro de 2018

Visita do Carteiro Real

Esta mañá recibimos a visita do Carteiro Real, que levará as nosas cartas aos Reis Magos.



Portádevos ben!! que aínda quedan uns días.... :)









luns, 3 de decembro de 2018

luns, 26 de novembro de 2018

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Este venres 23 o alumnado do colexio celebrou en conxunto co concello e o instituto  o Día contra a Violencia de Xénero.
E este Luns 26 participou todo o centro na reivindicación en contra toda  violencia.

TODOS SOMOS IGUAIS LOITAREMOS POR SEMPRE!

_Vídeo:











martes, 13 de novembro de 2018

Magosto 2018

O alumnado do centro celebramos o Magosto comendo unha chea de castañas e xogando a xogos populares que realizou a mestra de Educación Física.  
Que ben o pasamos!!!


martes, 6 de novembro de 2018

PARTICIPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

Presentación de candidaturas a partir do 7 de novembro.

mércores, 31 de outubro de 2018

Concurso Pintameles II

CONCURSO DE DEBUXO PINTAMELES II

Categoría A: PRIMARIA.

2º  Premio: CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ.


Parabéns a nosa alumna JIMENA PICOS RODRÍGUEZ que por segunda vez gana un premio no concurso: PINTAMELES.

luns, 29 de outubro de 2018

Samaín 2018

Un ano máis chega o Samaín a Becerreá!


 Para comenzar a semana o alumnado de 5º e 6º elaboraron unhas tartas de galleta e chocolate!!
COMO NOS VAMOS A POÑER!!!
Celebramos o Samaín cantando, tocando e lendo contos de medo que realizaron  os alumnos e alumnas de colexio. 




GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA GRAN PARTICIPACIÓN

xoves, 21 de xuño de 2018

mércores, 20 de xuño de 2018

Excursión a AVIFAUNA


Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria visitan o fantástico parque ornitolóxico de Avifauna, en Outeiro de Rei!

Qué ben o pasamos!!😊😊


Ide dar unha volta a coñecer as moitas especies de aves que hai!
Podedes visitar a páxina web pinchando neste enlace: AVIFAUNA

xoves, 14 de xuño de 2018

Excursión a MARCELLE

Os nosos pequenos de infantil disfrutan dun día no Parque Zoolóxico de Marcelle, onde coñecemos a un montón de animais como babuínos, cobos, bisontes, suricatos... e aprendemos moito sobre eles!

Pasáronno pipa!! 



Invitamos a todos e todas a ir 😊
Aquí vos deixamos información sobre o Parque Zoolóxico de Marcelle.  



xoves, 7 de xuño de 2018

Javier González Corral, alumno de 5º, comparte con nós a súa afección polos paxaros. 
Estamos encantados de velos no cole!!!


martes, 5 de xuño de 2018

C o m p o s t a n d o !

Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente disfrutando dun novo ecoconto da Familia Trebón que nos ensina os pormenores da compostaxe doméstica, como por exemplo: en que lugar debe ubicarse o composteiro, que materiais debemos depositar nel e diversas aplicacións do abono resultante.


A compostaxe doméstica é unha boa forma de reciclar a materia orgánica naquelas vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, así que... animádevos a compostar!!! 

luns, 28 de maio de 2018

VIAXE DE 4º, 5º e 6º A CANTABRIA



A nosa primeira foto de grupo en Cudillero, fermosa vila mariñeira asturiana, que na actualidade está adicada principalmente ao turismo.



En Covadonga, vistita obrigada á Santina.



Paseo marítimo de Gijón.



Cos dinosaurios, nos xardíns do MUJA en Columbres, Asturias.



Vistas desde O Soplao aos Picos de Europa.


Entrada á Cova do Soplao.



Paseo marítimo pola praia de "El Sardinero" en Santander. Palacio da Magdalena ao fondo.



El Capricho de Gaudí.


Xardíns de "El Capricho de Gaudí" en Comillas, Santander.



Dentro da Neocova en Altamira.


Xardíns do MUJA en Columbres. Cúpula do museo ao fondo.


Atendendo as explicacións da guía no MUJA.


Entrada e xardíns do MUJA.


Sentados nunha escaleira en Santillana del Mar.


En Cabárceno, esperando aos compañeiros que veñen nas outras cestas no teleférico.


Vistas ao Parque de Cabárceno desde o teleférico.


Foto de grupo en Santillana del Mar.