Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de outubro de 2019

Samaín 2019



Xa está chegando o Samaín o centro, festa de Tradición galega, onde celebramos o fin do verán e damos a benvida o inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para ir entrando en ambiente, podedes traer unha cabaza decorada e participar no 4º concurso Literario de Contos de Terror.










Pincha na foto para acceder ao xogo


martes, 24 de setembro de 2019

Día Europeo das Linguas


Os 47 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 800 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. 
Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa. 
Celebremos a diversidade políglota

Celebra con nós o día Europeo das linguas!



luns, 29 de outubro de 2018

Samaín 2018

Un ano máis chega o Samaín a Becerreá!


 Para comenzar a semana o alumnado de 5º e 6º elaboraron unhas tartas de galleta e chocolate!!
COMO NOS VAMOS A POÑER!!!
Celebramos o Samaín cantando, tocando e lendo contos de medo que realizaron  os alumnos e alumnas de colexio. 




GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA GRAN PARTICIPACIÓN

martes, 5 de decembro de 2017

A CONSTITUCIÓN

O 6 de Decembro celebramos o Día da Contitución Española



Explicación en flash sobre a Contitución española(usar Mozilla)

Xogo Vedoque 


Día Internacional dos Dereitos Humanos

10 de decembro de 2018

Día Internacional dos Dereitos  Humanos




O Día Internacional dos Dereitos Humanos celébrase  mundialmente o 10 de Decembro.


O Día conmemora o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Co tempo, desenvolveuse un conxunto de instrumentos e mecanismos desenvolvidos para garantir a primacía dos dereitos e dereitos humanos para abordar as violacións de dereitos humanos onde queira que ocorran.

Actividades (usar Mozilla):
Pincha nos enlaces



luns, 4 de decembro de 2017

Día Internacional das persoas con Discapacidade


O EDLG loita polo día Internacional das persoas con Discapacidade!
POR TOD@S







Día 3 de Decembro

Día Internacional das persoas con Discapacidade

A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou un grupo. O termo úsase para definir un deterioro físico ou mental, como discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

As persoas con discapacidade, a "minoría máis grande do mundo", tenden a ter menos oportunidades económicas, un peor acceso á educación e altas taxas de pobreza. Isto débese principalmente á falta de servizos que poden facilitar a súa vida (como o acceso á información ou o transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns engádense discriminacións sociais e a falta de lexislación adecuada para protexer as discapacitadas.

As persoas con discapacidade son máis frecuentemente vítimas da violencia:
     - Os nenos con discapacidade son catro veces máis propensos a ser vítimas de actos violentos, a mesma proporción que os adultos con problemas mentais.

A ignorancia é en gran parte responsable da estigmatización e discriminación sufridas por persoas con discapacidade.




Becerreá contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de Novembro o Ceip San Xoán de Becerreá participou nos diferentes actos que o Concello preparou para o Día Contra A Violencia de Xénero.


A violencia de xénero enténdese como calquera acto ou agresión violenta, baseada nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que ten ou pode ter como consecuencia danos físicos, sexuais ou psicolóxicos, incluíndo as ameazas de tales actos ea coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na esfera pública como na vida familiar ou persoal.

Para iso participouse facendo unhas pancartas con lemas en contra a violencia. Ademáis o alumnado de 6º de Primaria compuxo un rap para a ocasión.





Tamén expoñemos o vídeo que realizou o centro ceip Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín coa axuda de diferentes centros da provincia, entre eles o noso.

xoves, 12 de maio de 2016

CIENCIA APLICADA EN 4º EP

O alumnado de 4º, dirixido pola súa profe María José, celebrou a Semana da Ciencia Aplicada durante este mes de maio.
Os alumnos tiveron que construír un aparello que funcionase aproveitando a enerxía do aire.

Agora comparten connosco os seus traballos e explican como funcionan.






Temos previsto un Obradoiro de Formación entre Iguais, para os alumnos de 6º, no que aprenderán a facer dous dos "inventos" dos seus compañeiros. Este obradoiro celebrarase durante o mes de maio.

xoves, 5 de maio de 2016

UN PROXECTO DE EXCELENCIA


Comprácenos comunicar a toda a Comunidade Educativa do CEIP San Xoán de Becerreá que o noso proxecto Galemocinémate foi cualificado Proxecto de Excelencia pola Consellería, a través do servizo de Política Lingüística.


O noso equipo de Dinamización da Lingua Galega redactou o proxecto para desenvolver unha liña de traballo en relación á educación emocional e ao cinema como medio de expresión e contaxio da mesma utilizando como lingua vehicular o galego.

A convocatoria, de decembro, publicou os 5 proxectos galegos que recibiron este galardón, entre os que nos encontramos. Coa nova, chegou, tamén a confirmación da subvención económica que este proxecto ten para o centro e que se traducirá nunha mellor equipación para o desenvolvemento do mesmo.

Estamos recibindo os parabéns. E querémolos compartir con todos os que facedes posible o noso compromiso cunha Educación Innovadora para os nosos nenos.

domingo, 17 de abril de 2016

Viaxe a Lugo




Os nenos de primeiro e segundo de primaria viaxaron a Lugo para coñecer a Biblioteca Nodal e para asistir a unha exposición fotográfica, Fillos do Océano, en Afundación.






A visita á biblioteca contou con moitas sorpresas, desde comprobar cómo prestar e devolver libros cunha máquina intelixente a visitar as salas privadas que gardan obras moi especiais da Biblioteca. Vimos libros antigos e marabillosos.


Asistimos a un contacontos e disfrutamos da sala de lectura durante un bo tempo! Que sorte!













En Afundación vimos unha fermosa exposición de fotografía que tiña como protagonistas persoas que viven ao pé do mar. Unha explosión de cores e sorpresas, ben levada pola monitora, que fixo un percorrido cheo de actividades divertidas. Ao final, tivemos un obradoiro creativo.


Foi un día superdivertido. 



















Aquí vos deixamos o enlace a todas as fotos e este é o vídeo cos mellores momentos do día.









mércores, 9 de marzo de 2016

Día da muller traballadora





O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora. 



Para iso, desde BiblioLío, fixemos unha selección de lecturas alusivas á muller nos nosos contornos e está acompañándonos na entrada do colexio, ao alcance de todas as mans.


Tamén, na liña de Un Kamishibai ao Mes, os alumnos de 5º levarán a cabo unha sesión de formación entre iguais, interpretando Monstro Rosa para os nenos de 1º e 2º, na reflexión sobre este tema.



Aquí tedes algunha recomendación de lecturas para un día como este.



domingo, 7 de febreiro de 2016

Love is in the air





Con febreiro o EntreLetras inicia unha nova campaña: 


Love is in the air.


Se queres coñecer todo o que se está a facer, visita este enlace no blogue do EntreLetras.