mércores, 23 de outubro de 2019

Magosto


Letra realizada polo alumnado de 5º de primaria

Como todos os anos, celebramos o Magosto no cole o día 11 de Novembro. 

Para iso, necesitamos da vosa colaboración, traendo unhas poucas castañas amozcadas entre o día 6 e 7 de Novembro.

Grazas pola colaboración.

martes, 22 de outubro de 2019

Samaín 2019



Xa está chegando o Samaín o centro, festa de Tradición galega, onde celebramos o fin do verán e damos a benvida o inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para ir entrando en ambiente, podedes traer unha cabaza decorada e participar no 4º concurso Literario de Contos de Terror.










Pincha na foto para acceder ao xogo


martes, 15 de outubro de 2019

Brauliotuber

Onte tivemos a visita de Braulio, un compoñente dos Bolechas. E gravamos o tema do capítulo " Os xogos da Praia" na nosa biblioteca. Ademáis cantamos unha canción .. que ben nos quedou!! Xa estamos desexando vernos!

martes, 8 de outubro de 2019

ECO - PATRULLA AO RESCATE

Unha das primeiras accións que ten que levar a cabo un colexio, se quere converterse nunha EcoEscola é poñer en marcha as Patrullas Ecolóxicas. As EcoPatrullas estarán formadas por alumnos e alumnas, que rotarán diariamente. Identificaranse con puntos verdes e levarán a cabo as súas funcións durante o recreo da mañá.

Queremos concienciar á Comunidade Educativa do Colexio (alumnado, profesores, conserxe, pais, nais, familias,…) da necesidade de ser Eco-sustentables.





Chega o deporte as nosas aulas

Tanto a Escola de Iudo como a Escola de Baloncesto trouxéronnos unhas xornadas de deporte. 

Gustounos moito e de seguro que moitos dos nosos alumnos e alumnas apuntaránse para practicalo este ano.