Noraboa a Aitor Galán, de 3º, gañador pola súa postal.
Xa temos organizado o Mercado Solidario, con produtos realizados polos alumnos en actividades compartidas con outros centros (catalán e portugués). Como sempre, pedímosvos a vosa colaboración, os prezos serán bos e os produtos inmellorables!
O Mercado Solidario terá lugar na mañá do día 18. Se houber excedentes, participaremos no Mercado Solidario da Montaña, que a ANPA, en colaboración con outras da zona, levan a cabo o sábado 19.
Este ano, o noso Nadal é cinematográfico, ao igual que as mensaxes que nel se utilizan. O peso deste séptimo arte estará presente en todos os actos e presidido por unha Exposición de Libros de cine en BiblioLío.
Preparándonos para o festival, Papá Noel e o seu paxe fannos unha visita o día 17. Eles tamén queren felicitar aos nosos nenos polo moito e ben que estiveron a traballar neste trimestre. Grazas, Papá Noel, por facer unha parada no noso cole, nesta viaxe túa para repartir felicidade!!
COMPARTIR: O remate do festival correu a cargo dun vídeo filmado e editado polo alumnado de 5º e 6º. Nel conflúen os obxectivos para este fin de trimestre dos programas Cine en Curso e Educación Responsable. Amosa aquelas emocións que o noso alumnado e profesorado foron quen de compartir durante este inicio de Nadal e que desde hoxe forma parte dos recordos de toda a Comunidade Educativa, nunha mostra máis de apertura e desexo de participación. A nosa intención era expresar, previa xestión, as emocións que aí se verteran. Porén, o visionado do noso traballo foi un momento de emocións non contidas. Será que cumpriu, entón, o seu fin.
Ao remate do Festival, chega o momento para a convivencia coas familias, mentres disfrutamos duns pinchos no Comedor Escolar.
Estas datas son sempre un momento óptimo para compartir. Por iso, no noso colexio, organizamos un Mercado Solidario durante o Nadal. É unha ocasión magnífica para crear detalles que se poidan converter en axuda para que a ANPA xestione recursos para quen menos acceso a eles ten.
Para este curso, a decoración de Nadal foi elaborada coa colaboración dos nenos e será posta á venta, igual que outros detalles que os nenos de 1º, 2º e 4º elaboraron.Ten unha dimensión educativa a maiores pois, esta actividade de creación, no caso dos nenos de 2º e 4º vai ser compartida con outros dous centros: o INS La Sénia, en Tarragona e a EBI 1,2,3 Francisco Ornelas de Câmara en Ilha Terceira. O obxectivo desta actividade é a da interacción entre o alumnado e a difusión do Programa eTwinning.
Para o desenvolvemento desta interacción, cada centro organiza obradoiros de plástica nos que se levan a cabo os detalles navideños. Antes, os alumnos preséntanse nunha ferramenta colaborativa (Padlet) e por último avalían a súa participación na actividade.Todo isto estará recollido no TwinSpace da Embaixada eTwinning en Galicia e no seu blogue.
VÍDEO COAS INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DAS CANDEAS DE NADAL
VÍDEO COAS INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DAS BOLAS DE NEVE
VÍDEO COS MELLORES MOMENTOS:
Estes son os vídeos enviados polos nosos compañeiros cataláns e portugueses:
Desde o Instituto La Sénia, chegounos unha invitación para realizar un dos presentes navideños elaborados por outro centro. Así, eles fixeron as candeas propostas por nós. Os alumnos de Portugal animáronse cunha das opcións de reciclaxe de cápsulas de café e nós fixemos portatarxetas reciclando as mesmas cápsulas, e serán artigos dos que poderedes adquirir no noso mercado solidario.
Para finalizar esta actividade colaborativa cos nosos compañeiros de Tarragona e Ilha Terceira, fixemos un intercambio de postais de nadal e unha pequena mostra de artigos navideños dos elaborados.