venres, 23 de marzo de 2018

SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE




Os alumnos de 4º realizan a plantación dunha árbore no céspede do centro.
Todos os alumnos do centro participan na composición do mural que fai alusión á primavera coa celebración da semana da auga e da árbore.

xoves, 15 de marzo de 2018

Preparámonos para...

O día da árbore e da auga! E tamén da poesía:






O próximo 22 de marzo será a data desta celebración! Nós xa estamos a traballar na creación de poesías relacionadas con esta temática por parte de todo o alumnado!



Recibimos visita!

No CEIP de San Xoán recibimos a visita da Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas!
Todos os nenos e nenas do cole disfrutaron da súa exhibición e aprenderon e practicaron moitos trucos para defenderse!

Milleiros de grazas por vir! Pasámolo pipa 😀


martes, 13 de marzo de 2018

EXTRA, EXTRA




Nesta semana, dende o 6 ao 10 de marzo, celebramos a 29º edición da Semana da Prensa na escola.
Todo o colexio está traballando na creación do noso propio periódico escolar 

Xa temos moitas ganas de ver o resultado final! 
Pronto estará listo para todos vós!


xoves, 8 de marzo de 2018

| 8 de marzo |




Por todas as mulleres traballadoras e loitadoras celebramos este día tendo presentes a todas elas. 



Non víchedes que no cole medrou unha cidade con teitos feitos por mulleres?








# feliz día internacional da muller 


martes, 6 de marzo de 2018