xoves, 21 de xuño de 2018
mércores, 20 de xuño de 2018
Excursión a AVIFAUNA
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria visitan o fantástico parque ornitolóxico de Avifauna, en Outeiro de Rei!
Qué ben o pasamos!!😊😊
Ide dar unha volta a coñecer as moitas especies de aves que hai!
Podedes visitar a páxina web pinchando neste enlace: AVIFAUNA
xoves, 14 de xuño de 2018
Excursión a MARCELLE
Os nosos pequenos de infantil disfrutan dun día no Parque Zoolóxico de Marcelle, onde coñecemos a un montón de animais como babuínos, cobos, bisontes, suricatos... e aprendemos moito sobre eles!
Pasáronno pipa!!
Invitamos a todos e todas a ir 😊
Aquí vos deixamos información sobre o Parque Zoolóxico de Marcelle.
xoves, 7 de xuño de 2018
martes, 5 de xuño de 2018
C o m p o s t a n d o !
Celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente disfrutando dun novo ecoconto da Familia Trebón que nos ensina os pormenores da compostaxe doméstica, como por exemplo: en que lugar debe ubicarse o composteiro, que materiais debemos depositar nel e diversas aplicacións do abono resultante.
A compostaxe doméstica é unha boa forma de reciclar a materia orgánica naquelas vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, así que... animádevos a compostar!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)