martes, 13 de novembro de 2012

luns, 12 de novembro de 2012

Samaín e Magosto

Hoxe celebramos o Magosto!!!

Teremos a visita dun pai, que nos ven contar historias de vello, tamén teremos un taller de xogos populares, entregaremos os diplomas de participación na exposición de cabazas decoradas do Samaín e, como non, comeremos as castañas!!!

E dende a pasada semana, a entrada do cole estivo decorada cos traballos que fixemos entre todos os alumnos e alumnas, relacionados coa temática de outono, Samaín, Halloween e magosto.

Se non o viches en directo, aquí tes unhas fotografías de como nos quedou:


















Pano de Fondo

O pasado xoves 8 de novembro, os rapaces e rapaces do primeiro ciclo de primaria fomo a Lugo a ver a exposición que Novacaixagalicia ten aberta no Centro Sociocultural da Praza Maior.

Trátase dunha exposición na que se realiza un achegamento á fotografía galega de estudio entre os anos 1880 e 1960, e na que se fai unha consideración especial aos panos que os fotógrafos ambulantes empregaban nas feiras e nas festas.

Despois de coñecer a exposición, fixemos no taller o noso propio pano de fondo, onde nos fixemos tamén unhas fotografías.

Gustounos moito a exposición, e estamos pensando en facer unha na escola con fotografías antigas que teñamos nas casas. Xa vos iremos informando deste proxecto.

Despois do pequeno almorzo no templete da Praza Maior, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos.

Deixámosvos unhas imaxes desta saída.









Hoxe chegaron ao correo do centro as fotos que nos fixo a monitora da exposición.
Mirade que chulas quedaron en sepia e branco e negro:




martes, 6 de novembro de 2012

PLAN PROXECTA


O noso centro inicia a súa participación no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Educación e OU para fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Se queres saber máis sobre este Plan, e os programas que o conforman, podes consultar esta páxina da Consellería.

Se queres saber como imos desenvolvendo no colexio este Plan, podes visitar o Blog Do Plan Proxecta do CEIP San Xoán de Becerreá

martes, 30 de outubro de 2012

Resumo do Plan Xeral Anual

Xa tedes na casa o resumo do Plan Xeral Anual do curso 2012/2013
Podédelo atopar tamén aquí se clicas na imaxe:




luns, 10 de setembro de 2012

Benvidos!!!

Xa estamos de novo empezando un novo curso.
As clases darán comenzo o mércores 12 de setembro en horario habitual.


mércores, 20 de xuño de 2012

Actividades de Fin de Curso

O venres 22 de xuño, celebraremos a festa de final de curso coas seguintes actividades:


10:00 a 11:30: Festa nas aulas
11:30: Entrega de diplomas de Lectura aos alumnos de primaria, no salón de actos
12:00: Exhibición de Ximnasia Rítmica no patio.
12:45: Exhibición de Iudo no patio