luns, 16 de novembro de 2015

Solidariedade co pobo francés



Debido aos tristes acontecementos ocurridos no pasado fin de semana en París, alumnado e profesorado do centro solidarízanse coas seguintes accións:



Un minuto de silencio na entrada do luns 16 de novembro.



Escoita da canción Imagine, de John Lennon. Esta é unha das pezas musicais que se están a traballar, en Música, para este Nadal. Verémola nun contexto moito menos festivo, pois tamén foi a seleccionada para ser interpretada, a piano, no espazo devastado polo terrorismo, concretamente, nas portas do teatro Batacán.




A mediodía, antes de baixar ao comedor, escoitamos este tema, Imagine, subtitulado en español. Imagine é un tema considerado oficiosamente o himno da paz mundial.


martes, 3 de novembro de 2015

Selo de Calidade Nacional e Selo de Calidade Europeo para o noso colexio

Durante o pasado curso, o alumnado da Aula de PT, coa colaboración puntual dos nenos de 6º, participou nun proxecto europeo eTwinning: Luz Digital.



No verán, este proxecto foi galardonado co Selo de Calidade Nacional e, neste fin de semana, Bruselas recoñeceuno cun Selo de Calidade Europeo.

Parabéns a todos os participantes!

Podes consultar a listaxe dos  nove proxectos galegos galardonados en Europa no Blogue da Embaixada eTwinning.

mércores, 28 de outubro de 2015

Formación do noso profesorado

Como vén sendo costume no centro, un ano máis continuamos co PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
No noso intento por conseguir mellorar a competencia lectora dos nenos, seguimos a investigar novas metodoloxías. Nesta ocasión, o formador foi José Andrés García, bibliotecario na sección infantil e xuvenil da Biblioteca de León. A súa proposta foi o achegamento á literatura e á creación de contos para o Kamishibai, unha moi orixinal forma de dramatización...

Podedes acceder a máis información no noso blogue EntreLetras.

martes, 20 de outubro de 2015

Semana da Biblioteca.



Do 19 a 25 de outubro celebramos a Semana da Biblioteca, con actividades de dinamización e participando na Campaña "¡Viva la Biblio!" do "Observatorio de la Lectura y el Libro" (MECD).

Podes ver toda a información neste enlace de EntreLetras.