luns, 23 de xaneiro de 2017




Desde o CEIP San Xoán de Becerreá damos comezo a unha nova andaina.
Empezamos a traballar no Proxecto Meteoescolas , que no noso centro lle chamaremos METEOSANXOÁN.
O  noso preoxecto consistirá en dar a coñecer ao noso alumnado o que é unha estación meteorolóxica , así coma os distintos aparellos que a conforman. Ademáis doutras actividades . recollida de datos, facer predicións, observación do cambio climático na nosa zona...
Comezamos!

xoves, 12 de xaneiro de 2017

PREMIOS NO NADAL PARA O CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ.


XXV CERTAME LITERARIO "A PIPA" 2016 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.


RELATO CURTO en categoría infantil de 8 a 14 anos.
Primeiro premio para Martín Rodríguez Díaz, alumno de 6º curso de Primaria, que consiste nunha estatuiña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros e a correspondiente acta ou título acreditativo. O premio foi recollido o 28 de decembro de 2016 ás 19:00h na Casa de Cultura de Becerreá.
Noraboa Martín.


VIII CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
LA VOZ DE LA VERDAD.


Este ano a nosa alumna Cristina Fernández García de 2º curso de Primaria foi galardoada co 2º premio de primeiro a terceiro curso de Primaria, premio que recollerá o día 19 de xaneiro ás 19:30 h da tarde en "La Voz de la Verdad". O premio consta de 50 euros en libros ou material escolar. 
Noraboa Cristina.

luns, 9 de xaneiro de 2017

                                                    O   NADAL 


        O pasado mércores 21 de decembro de 2016 , ás 12:00h, celebramos no colexio o festival de Nadal e a xornada de convivencia coas familias. O alumnado participou con distintas cancións e obras de teatro que prepararon con moita ilusión con cada titor.
Ademáis decoramos o colexio con axuda dos nenos...




martes, 29 de novembro de 2016

                                      Contra a Violencia de Xénero.


A pasada semana traballamos co alumnado no colexio a Violencia de Xénero con distintas actividades nas aulas. O venres 25 de novembro vimos un vídeo e fixemos unha reflexión sobre a importancia de acabar coa violencia de todo tipo.








luns, 21 de novembro de 2016

O MAGOSTO.



    Este ano non nos esquecimos do Magosto. O luns 7 de novembro puidemos degustar un froito tan noso como é a castaña. Xuntamos tantas que non podiamos tiralas, polo que fixemos un taller de cociña: tarta de castañas e marróns glacé. Todo coa axuda inestimable do alumnado do CEIP San Xoán. Comimos, xogamos, rímonos...En resumo, disfrutamos da festa.





 Comemos as castañas asadas...



Pero tamén axudamos a pelar... O traballo en grupo é fundamental...
Non se podía tirar nada, estamos preparando a materia prima para os nosos doces de castañas...

mércores, 9 de novembro de 2016

CELEBRANDO O SAMAÍN.

    O pasado día 28 de outubro celebramos no colexio o día de Samaín. Para iso o alumnado troixo as cabazas decoradas da casa ca axuda inestimable das familias, e colocáronse no hall da entrada principal.


    Todo o colexio colaborou na decoración...





     Dende o grupo da  Biblioteca e Dinamización Lingüística propúxose a creación de relatos basados no Samaín dando liberdade para inventar contos de medo, de risa... sendo esta festa o tema principal. Cada clase elexíu o mellor conto e léronse para todo o colexio.



Como recompilación da data,  faremos un libro con todos os contos, que poremos como novidade na nosa biblioteca escolar.

martes, 4 de outubro de 2016

Curso 2016/17

"Programa de Participación Ambiental para o seguimento fenolóxico e do estado da biodiversidade nas Reservas da Biosfera de Galicia".

Terras do Miño, Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.


Estas dúas semanas temos unha exposición das Reservas da Biosfera que comezaron cunha charla para os alumnos de 4º, 5º e 6º. Intentamos por en valor o noso entorno e ser conscientes da grande riqueza ambiental de que disfrutamos.

O noso entorno será un dos eixos a traballar neste curso e calquera actividade será encamiñada nesa acción, en por en valor "o noso".