mércores, 2 de maio de 2018

Almorzos s a u d a b l e s


Disfrutamos dun almorzo saudable e aprendemos un montón sobre hábitos de alimentación. 
"Non empeces unha dieta que poida rematar algún día, senón uns hábitos saudables que manterás toda a túa vida".
E ademáis, levámonos de regalo un kit de hixiene dental para estar sempre limpos e frescos!

Bo proveito!! 


TORNEO DE TENIS DE MESA


Gran xuntanza de coles para celebrar o torneo de tenis de mesa en Becerreá. 

Recibimos as visitas de Navia, Cervantes, As Nogais e Pedrafita e animamos aos participantes nas súas partidas! Foi un gran placer!

Noraboa ós campións e campionas!!



xoves, 26 de abril de 2018

"A Miña Terra"

Traballamos o día da Terra partindo dunha fermosa canción traída da man da nosa profe en prácticas, que nos lembra o moito que debemos coidar dela, só temos unha!


Unha abella brinca nas flores
Os paxaros chían cantores
Arrecende o cheiro das flores
Todo é de cores

O sol resplandece no ceo
Olla as nubes correndo arreo
Que fermosa é a nosa terra
Coida moito dela


C o n v i v e n c i a :


martes, 24 de abril de 2018

23 de abril: Día do L I B R O


Mundos de imaxinación, personaxes, historias e fantasías... 
Celebramos o día do libro e valoramos todo o que nos dan!

"Ler é vivir"



Receita doce

Os maiores do cole, 6º de Primaria, fixeron unha receita doce elaborada con moita dedicación.
Convertíronse en chefs por un día na nosa cociña!

Bo traballo! Seguro que sae boísima 😋

21 de abril: Día da TERRA


Coidemos o noso planeta, "Madre Tierra"