martes, 15 de xaneiro de 2019

Visita ao Belén


                       O BELÉN DE BECERREÁ

Os alumnos do CEIP San Xoán de Becerreá dan as grazas e parabéns a Olimpia e Manolo, nosos veciños,  pola bela e minuciosa obra de enxeñería, que con moito mimo e dedicación elaboraron ao longo de varias décadas.
No Nadal estivo exposta ao público nas dependencias do Concello.

O alumnado de 3º, 4º 5º e 6º tamén  fixo a súa visita.





mércores, 9 de xaneiro de 2019

Os Bolechas e os RAEE en Becerreá

Tivemos a visita dos Bolechas no cole para falarnos da importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos electrónicos. Temos que levalos ao PUNTO LIMPO para que os reciclen.

COIDA O PLANETA!


O Claustro de profesores de Ceip San Xoán agradece os parabéns recibidos das familias dos alumnos e alumnas e deséxalles un
BO ANO 2019


martes, 8 de xaneiro de 2019


PARABÉNS ÁS NOSAS ALUMNAS!


Relación de premiados  no X Concurso de Tarxetas de Nadal organizado pola Librería La voz de la verdad de Lugo:

Categoría 1º Ciclo primaria:
-          Diploma: Juliette Pardo Romero

Categoría 2º ciclo de primaria:
-          Diploma: Noa López Rosón



mércores, 19 de decembro de 2018

CHEGA PAPÁ NOEL

Vaia semaniña temos... hoxe aparece no colexio Papa Noel!!!!  Preguntounos como nos portaramos e o que queríamos para este Nadal. Que ledicia!! e ademáis agasallounos con caramelos e bombóns. Que máis se pode pedir?? 









martes, 18 de decembro de 2018

4º MERCADILLO DE NADAL


Todos podemos participar no MERCADILLO DE NADAL coa nosa aportación, poden levarse manualidades, xoguetes, cousas que queirades intercambiar e que xa non precisedes... e se eres cocinillas xa sabes! traeno para probar!


luns, 17 de decembro de 2018

Visita do Carteiro Real

Esta mañá recibimos a visita do Carteiro Real, que levará as nosas cartas aos Reis Magos.



Portádevos ben!! que aínda quedan uns días.... :)