martes, 4 de xuño de 2013

Gratuidade Solidaria

Comunícase que con data 31de maio de 2013 saiu publicada no DOG a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.
O prazo é para o alumnado de EP do 3 de xuño ao 3 de xullo, ambos inclusive. Máis información na secretaría do Colexio.
Picar nos adxuntos para ver a Orde que regula as axudas e o impreso para presentar no Centro:



luns, 20 de maio de 2013

Letras galegas 2013

No blog do Plan Proxecta do cole, podedes facer un seguimento das actividades que se están a realizar no CEIP San Xoán co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2013.

Hoxe rematamos cunha sesión de contacontos e unha actuación musical a cargo do alumnado de sexto de EP

(Clic na imaxe)


luns, 6 de maio de 2013

Premios Muralla de Lugo

Parabéns a Diego Méndez Gerbolés


que resultou FINALISTA na modalidade de Debuxo nos premios Muralla de Lugo 2013
Neste enlace podes ler a noticia do xornal "El Progeso".

martes, 23 de abril de 2013

23 de abril. Día do libro


O 23 de abril de 1616 faleceron as seguintes  personalidades : Cervantes, Shakespeare, o Inca Garcilaso de la Vega.Para render homenaxe universal aos libros e aos autores, a Conferencia Xeral da Unesco tomou esta decisión no ano 1996 en  París. Dende entón vense celebrando cada 23 de abril o DIA DO LIBRO.

Para saberes máis sobre esta data, podes consultar a wikipedia.

Tamén vos dixamos unhas actividades relacionadas con este día:

"El gran juego del Quijote"


23 de abril, día do libro

La aventura de los Molinos

E unha presentación dun divertido conto: El increíble niño comelibros:


venres, 22 de marzo de 2013



Hoxe, 22 de marzo, celebramos o Diá da árbore e da auga con diferentes actividades que podedes ver nos blogs da escola (proxecta, aula tic, aulas nos ancares) e na web da Deputación Provincial de Lugo. E se fas clic na foto, verás un vídeo da fundación TIC da reportaxe deste dia


martes, 18 de decembro de 2012

Nadal 2012



O vindeiro venres 21 de decembro, terá lugar o Festival de Nadal ás 11:30 horas no salón de actos do colexio.

Esperamos que nos acompañedes neste acto, así como no posterior xantar que compartiremos no comedor escolar.

O horario será o habitual dos vendes, rematando a xornada lectiva ás 14:15 horas.

Podes ver a decoración de Nadal, así coma outros álbumes nas galerías fotográficas ou premendo no seguinte enlace: fotos


venres, 14 de decembro de 2012

ALERTA METEOROLÓXICA


A Axencia Galega de Emerxencias informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIAS e VENTO que afectará ás zonas Noroeste e Oeste da Coruña e á zona da Mariña de Lugo. Este episodio iniciarase mañá día 14 de decembro e durará as 24 horas do día sinalado.
A devandita situación de risco suporá a suspensión de actividades no exterior das instalacións do centro escolar.
Prégase que se poña atención á información meteorolóxica subministrada, a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) e extremar a vixilancia das condicións meteorolóxicas existentes na zona de situación dos centros escolares, por se as circunstancias da localidade chegarán a supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.