mércores, 10 de setembro de 2014

SETEMBRO




Hoxe comezamos un novo curso!


Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa, especialmente aos nenos e nenas que se incorporan por primeira vez á escola.

Este vai ser un curso con moitas novidades: o novo curso configúrase como un ano no que o ensino por proxectos para a consolidación das competencias clave será máis e mellor asumido pola comunidade educativa. 




Parece que entramos nel con máis forza, nacida da experiencia dos pasados cursos.

Precisamente pola traxectoria do centro nos proxectos ComBas e Proxecta, fomos seleccionados como centro piloto na provincia de Lugo para desenvolver os contidos e acadar os obxectivos do Programa Educación Responsable, creado pola Fundación Botín.



Educación Responsable é un programa para contribuír ao desenvolvemento emocional, social e da creatividade no centro. Procura o crecemento físico, emocional, intelectual e social dos nenos, promovendo a mellora da convivencia nos centros escolares e fomentando a cratividade a partir do traballo con docentes, alumnos e familias.





Ao longo de tres anos a Universidade de Cantabria realizou unha avaliación externa da aplicación do programa mediante unha avaliación psicopedagóxica e comprobouse que houbo mellora das habilidades emocionais nos nenos, do clima da aula e dos resultados académicos. Este programa inclúe a formación do profesorado para a súa implementación.



Non nos esqueceremos dos nosos compromisos co contorno, máis desenvolvidos co Plan Proxecta, que perseguirá a “ELABORACIÓN DUNHA GUÍA TURÍSTICA MULTISENSORIAL DE BECERREÁ” liña plurianual para un traballo de recoñecemento, valoración e difusión do contorno próximo. A elaboración da guía está programada para o terceiro ciclo, pero contará con achegas significativas dos outros profesores / cursos implicados, e haberá tarefas complexas que se desenvolvan con carácter de centro.


Igualmente, continuaremos co noso compromiso coa mellora dascompetencias clave, polo que estamos decididos a solicitar un Contrato-Programa, coa Consellería de Educación, para incorporar todas aquelas medidas que incidan na mellora da competencia lingüística, do hábito lector e do razoamento lóxico-matemático. Partimos das avaliacións do centro e da avaliación de diagnóstico para detectar que hai un problema na capacidade de comprensión do alumnado. Por iso, consideramos que podemos solicitar este programa que nos dotará de formación e recursos económicos para a programación dunha liña de traballo complementaria á da Biblioteca Escolar e ás de aula. O colexio poderá contar con recursos económicos extraordinarios -gastos de funcionamento- para a actuación contratada en función das necesidades detectadas polo centro.


Manteremos a nosa participación no Proxecto eTwinning, da man da profesora deste CEIP, Susana Vázquez Regueiro xunto co alumnado da Aula de PT, que novamente vén de recibir o Selo Nacional de Calidade, un premio a nivel nacional que nos motiva para continuar no seu desenvolvimiento. Parabéns!


Levaremos á práctica o noso novo Plan de Biblioteca, para o que foi concedida unha axuda económica de desenvolvemento, nun PLAMBE. E adaptaremos o noso Proxecto de Normalización e Dinamización das Linguas, para axudar á consolidación do galego nos proxectos traballados e á dinamización de todas as linguas do centro nunha formación plural e completa.

Non podemos pechar este artigo sen solicitar a colaboración das familias einstitucións da zona no desenvolvemento dos nosos obxectivos, que perseguen o desenvolvemento dunha mocidade comprometida co contorno e capaz de valorar a riqueza e as características inherentes do espazo que habitan.

venres, 27 de xuño de 2014

ISUU

Na barra lateral tedes un enlace ao Isuu do centro. Nel poderedes atopar documentos en formato revista.

xoves, 14 de novembro de 2013

NOVAS DO CENTRO

De agora en adiante, todas a novas relacionadas co centro, podédelas seguir no Blog po Plan Proxecta do CEIP San Xoán (clica na imaxe)



domingo, 3 de novembro de 2013

Parabéns!

O Ministerio de Educación vén de recoñecer o traballo da nosa compañeira Susana Vázquez Regueiro, polo seu proxecto: "Cautivar con lecturas: O principiño que vive na biblioteca"



Xa fora premiado durante o verán co Selo de Calidade Nacional, tanto en España como en Portugal (escola socia) por ambos Ministerios de Educación.

Parabéns!!!

Outono

Xa estamos en pleno outono. Vén o frío, a chuvia, é tempo de castañas, cabazas, setas,  froitos secos... a paixaxe nos envolve coas súas incribles cores...

E así foi como estivemos traballando estes días, inspirados por esta fermosa estación e enchendo o noco cole do espírito do outono.






Nos blogs do cole, podedes ver as diferentes actividades realizadas ao longo destes días:





E nos próximos días, o magosto, o concurso de microrrelatos e outras sorpresas...

xoves, 3 de outubro de 2013

martes, 4 de xuño de 2013

Gratuidade Solidaria

Comunícase que con data 31de maio de 2013 saiu publicada no DOG a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.
O prazo é para o alumnado de EP do 3 de xuño ao 3 de xullo, ambos inclusive. Máis información na secretaría do Colexio.
Picar nos adxuntos para ver a Orde que regula as axudas e o impreso para presentar no Centro: