xoves, 19 de abril de 2012

Voltamos!



Xa estamos de novo na rede, e voltamos co obxectivo de comunicarnos con todos os membros da comunidade educativa.

É por iso que nos aventuramos nun novo proxecto coa creación deste blog que hoxe estreamos e ao que vos damos a todas e todos a benvida.

Neste novo espazo publicaremos novas, artigos, comentarios, vídeos, fotografías, comunicacións... do que vaia ocorrendo neste centro.

Pero para que todo esto funcione fainos falta algo que para nós é fundamental: vós.

A nosa intención é crear con este espazo un lugar aberto ao diálogo e ao debate, e por isto agardamos polos vosos comentarios e aportacións que con toda seguridade van enriquecer as publicacións.

Nós xa estamos a traballar. Pasade, poñédevos cómodos e participade o que vos apeteza. Estades na vosa casa.

1 comentario:

  1. dende a ANPA do Ceip San Xóan de Becerreá , celebramos esta nova, e felicitamos o centro por esta boa iniciativa que de seguro vai significar unha boa canle de comunicación dentro da comunidade educativa,e reiterámolo noso ofrecemento a colaborar en dito espacio.

    ResponderEliminar