Para este Nadal, levamos traballando un mes no colexio.
Participamos no Concurso de Postais da FAPACEL, con todas as creacións dos nenos de infantil e primaria. Podes ver todas as postais neste enlace. E na Campaña de Recollida de xoguetes que a ANPA está a realizar. Estas son as instrucións para participar nela.
Noraboa a Aitor Galán, de 3º, gañador pola súa postal.
Xa temos organizado o Mercado Solidario, con produtos realizados polos alumnos en actividades compartidas con outros centros (catalán e portugués). Como sempre, pedímosvos a vosa colaboración, os prezos serán bos e os produtos inmellorables!
O Mercado Solidario terá lugar na mañá do día 18. Se houber excedentes, participaremos no Mercado Solidario da Montaña, que a ANPA, en colaboración con outras da zona, levan a cabo o sábado 19.
Este ano, o noso Nadal é cinematográfico, ao igual que as mensaxes que nel se utilizan. O peso deste séptimo arte estará presente en todos os actos e presidido por unha Exposición de Libros de cine en BiblioLío.
Preparándonos para o festival, Papá Noel e o seu paxe fannos unha visita o día 17. Eles tamén queren felicitar aos nosos nenos polo moito e ben que estiveron a traballar neste trimestre. Grazas, Papá Noel, por facer unha parada no noso cole, nesta viaxe túa para repartir felicidade!!
O venres é día de celebración e acollida. Por iso, temos preparada unha festa estupenda:
Ás 11:30 comeza o Festival de Nadal. O programa de actuacións é:
Este é o vídeo resumo do festival. Nos enlaces que o seguen, podedes acceder a cada unha das actuacións.
3º E.P.: NADAL NO ASCENSOR
1º E.P.: OS TRES REIS MAGOS
2º E.P.: CONTACONTO
E.I.: PANXOLIÑA
4º E.P.: EN BUSCA DE UN ABETO
5º E.P.: KAMISHIBAI
6ºE.P.: DOCTOR MARIANO
COMPARTIR: O remate do festival correu a cargo dun vídeo filmado e editado polo alumnado de 5º e 6º. Nel conflúen os obxectivos para este fin de trimestre dos programas Cine en Curso e Educación Responsable. Amosa aquelas emocións que o noso alumnado e profesorado foron quen de compartir durante este inicio de Nadal e que desde hoxe forma parte dos recordos de toda a Comunidade Educativa, nunha mostra máis de apertura e desexo de participación. A nosa intención era expresar, previa xestión, as emocións que aí se verteran. Porén, o visionado do noso traballo foi un momento de emocións non contidas. Será que cumpriu, entón, o seu fin.
Ao remate do Festival, chega o momento para a convivencia coas familias, mentres disfrutamos duns pinchos no Comedor Escolar.
Genial vuestro trabajo y la entrega de todos los alumnos/as, han quedado preciosas las funciones de todos los cursos y este video final es el reflejo de la ilusión y el cariño que le poneis a vuestro trabajo. Felices fiestas y un abrazo a tod@s!! este momento loveisintheair me ha encantado Susana y Gema!! :D
ResponderEliminar