DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno.
A declaración establece o dereito dos nenos e nenas a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espriritual; asistencia especial cando estean famentos, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais”
Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos, máis detallada cas anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra específicamente os dereitos dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.
PARA TRABALLAR NA AULA:
Ningún comentario:
Publicar un comentario