martes, 15 de maio de 2018

As Letras Galegas están ao chegar!

Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura a María Victoria Moreno, a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.

Todo o cole está a traballar ao longo da semana na celebración deste día tan importante para nós os galegos coñecendo a vida e obra da nosa escritora homenaxeada e realizando diversas e interesantes actividades. 

Aquí vos deixamos un anaco da súa biografía para coñecer un pouco máis e mellor a nosa "Letra Galega":

María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario