xoves, 31 de xaneiro de 2019

Alerta de nivel LARANXA por NEVE durante o día 1 de

 febreiro

Xov, 31/01/2019 - 12:23
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA durante o día 1 de febreiro de 2019, a partires das 00:00 h ata as 18:00 horas, por NEVE con espesores superiores a 20 cm, que afectarán as zonas meteorolóxicas de montaña de Lugo e montaña de Ourense.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
  • 1. A suspensión das ACTIVIDADES DOCENTES nos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO E MONTAÑA DE OURENSE), durante toda a xornada lectiva, con seguimento das condicións climáticas.
  • 2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  • 3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario