A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE BECERREÁ
A Tradescola, xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro venres 22 de febreiro ata Becerreá para realizar unha xornada didáctica de música tradicional para escolares. Amosaranlles ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario