mércores, 8 de maio de 2019

Día das LETRAS GALEGAS

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Antonio Fraguas Fraguas naceu  no concello de Cotobade, en Pontevedra, o 28 de Decembro de 1905.

Os estudos primarios realizounos nun par de escolas do seu concello seguindo o bacharelato en Pontevedra e posteriormente os estudos de filosofía e Letras na Universidade de Santiago.
Durante a súa estancia en Pontevedra fundou a Sociedade da Lingua, dedicada á defensa do idioma galego e á confección dun dicionario.

En 1923 fundouse o Seminario de Estudos Galegos co obxectivo de defender a cultura galega e nel intégrase Antonio no ano 1928.

Foi profesor na Universidade e catedrático de instituto na Estrada, Lugo e Santiago.
A súa vida estivo adicada completamente ao estudo de costumes, das festas, da xeografía, do folclore, e de todas as manifestacións populares de Galicia escribindo unha che de libros e artigos para revistas e xornais sobre estes temas.

Ingresou, en 1956, na Real Academia, ocupando a cadeira que deixara vacante Alfonso R. Castelao. Cando se inaugurou o Museo do Pobo Galego, no ano 1977, foi nomeado director e durante o seu mandato restaurouse o Mosteiro de San Domingos de Bonaval.

Vídeo homenaxe a ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. Alumnado de 6º de Primaria


Traballo do alumnado de 2º e  3º de Primaria






 Este ano, a Real Academia Galega dedícalle, polo seu labor en defensa da nosa cultura, o Día das Letras.

Se picades na imaxe de Antonio Fraguas podedes acceder a diferentes actividades, dentro da páxina do Seminario Galán.


Ningún comentario:

Publicar un comentario