luns, 4 de decembro de 2017

Becerreá contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de Novembro o Ceip San Xoán de Becerreá participou nos diferentes actos que o Concello preparou para o Día Contra A Violencia de Xénero.


A violencia de xénero enténdese como calquera acto ou agresión violenta, baseada nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que ten ou pode ter como consecuencia danos físicos, sexuais ou psicolóxicos, incluíndo as ameazas de tales actos ea coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na esfera pública como na vida familiar ou persoal.

Para iso participouse facendo unhas pancartas con lemas en contra a violencia. Ademáis o alumnado de 6º de Primaria compuxo un rap para a ocasión.





Tamén expoñemos o vídeo que realizou o centro ceip Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín coa axuda de diferentes centros da provincia, entre eles o noso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario