mércores, 23 de maio de 2018

Excursión ao Cebreiro

Os nosos pequenos e pequenas de 1º e 2º de Educación Primaria disfrutaron dunha fermosa excursión a Pedrafita na que pasearon, comeron en plena natureza e visitaron a Queixería Castelo de Brañas, pioneira na fabricación dun queixo artesán moi moi particular. 




Moitas grazas á queixería por acollernos e explicarnos a súa elaboración!




Se queredes máis información podedes visitar a súa páxina web:



Maios e Letras

Celebramos os Maios e o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial!!

Os maiores do cole traballaron na preparación e representación do poema "O almorzo" da nosa homenaxeada María Victoria Moreno co que todos/as rimos e disfrutamos.



E non podía faltar un pouco de música para bailar ao redor dos Maios que todos os nenos e nenas do cole montaron con fermosas follas e flores. 

Qué bonitiños quedaron!!





martes, 15 de maio de 2018

As Letras Galegas están ao chegar!

Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura a María Victoria Moreno, a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.

Todo o cole está a traballar ao longo da semana na celebración deste día tan importante para nós os galegos coñecendo a vida e obra da nosa escritora homenaxeada e realizando diversas e interesantes actividades. 

Aquí vos deixamos un anaco da súa biografía para coñecer un pouco máis e mellor a nosa "Letra Galega":

María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. 



xoves, 10 de maio de 2018

Preparámonos para...

O S   M A I O S

Para festexar o fin do duro inverno e o reciente comezo da Primavera! 

Con flores, cantos e festa disfrutaremos dunha das tradicións folclóricas máis antigas, achegándonos á natureza a contactar coa súa beleza! 



mércores, 2 de maio de 2018

Almorzos s a u d a b l e s


Disfrutamos dun almorzo saudable e aprendemos un montón sobre hábitos de alimentación. 
"Non empeces unha dieta que poida rematar algún día, senón uns hábitos saudables que manterás toda a túa vida".
E ademáis, levámonos de regalo un kit de hixiene dental para estar sempre limpos e frescos!

Bo proveito!! 


TORNEO DE TENIS DE MESA


Gran xuntanza de coles para celebrar o torneo de tenis de mesa en Becerreá. 

Recibimos as visitas de Navia, Cervantes, As Nogais e Pedrafita e animamos aos participantes nas súas partidas! Foi un gran placer!

Noraboa ós campións e campionas!!