luns, 4 de decembro de 2017

Becerreá contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de Novembro o Ceip San Xoán de Becerreá participou nos diferentes actos que o Concello preparou para o Día Contra A Violencia de Xénero.


A violencia de xénero enténdese como calquera acto ou agresión violenta, baseada nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que ten ou pode ter como consecuencia danos físicos, sexuais ou psicolóxicos, incluíndo as ameazas de tales actos ea coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na esfera pública como na vida familiar ou persoal.

Para iso participouse facendo unhas pancartas con lemas en contra a violencia. Ademáis o alumnado de 6º de Primaria compuxo un rap para a ocasión.





Tamén expoñemos o vídeo que realizou o centro ceip Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín coa axuda de diferentes centros da provincia, entre eles o noso.

xoves, 16 de novembro de 2017

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

   
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA








 A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno.

 A declaración establece o dereito dos nenos e nenas a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espriritual; asistencia especial cando estean famentos, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.


Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais”


Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos, máis detallada cas anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra específicamente os dereitos dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.


PARA TRABALLAR NA AULA:

http://www.genmagic.net/derechos/indexfla.swf




mércores, 8 de novembro de 2017

Magosto 2017

Todo o centro celebramos o magosto comendo castañas e realizando diferentes xogos.

QUE BEEN O PASAMOSSSSS!!!





xoves, 2 de novembro de 2017

Samaín 2017


A antiga festividade céltica do samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. 

Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.


luns, 30 de outubro de 2017

Visitando o Courel

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria realizamos una ruta polo Courel e visitamos a casa de Uxío Novoneyra.









luns, 23 de outubro de 2017

CHEGA O OUTONO!!

O alumnado do Centro participou activamente na elaboración do mural do corredor central.

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!

luns, 2 de outubro de 2017

Escola de baloncesto

Hoxe tivemos a visita do Clube Baloncesto Becerreá ao centro escolar. O alumnado participou nas diferentes actividades que os monitores propuxeron.
COMO NOS GUSTOU!!!!