O alumnado de 6º realizou o tramo Triacastela- Sarria do Camiño de Santiago.
domingo, 23 de xuño de 2019
mércores, 19 de xuño de 2019
Convivencia co Centro Social de Becerreá
O alumnado de 5º e 6º gozou dunha xornada de xogos cos asistentes do Centro Social de Becerreá.
Visitamos o local e realizamos xogos como o coñecido "Pasapalabra" e o Bingo.
Clara, Saúl e David obtiveron o seu premio do Bingo.
luns, 17 de xuño de 2019
Ruta de Castelo - Cruzul
O alumnado de 5º de primaria realizou unha camiñata entre Castelo e Cruzul.
Máis de 12 quilómetros!!
Uns campeóns!
venres, 14 de xuño de 2019
Visita a San Paio de Narla
Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla
A Fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e no ano 1983 convértea en museo histórico e etnográfico, trasladando a ela boa parte das coleccións etnográficas do Museo de Lugo.
Ten un corpo central flanqueado pola torre da Homenaxe e por un gran torreón. A planta baixa formada polo patio, as cortes e a adega, acolle unha colección de útiles de traballos agrícolas, diversos obxectos de equitación e ferramentas para o tecido da la e o liño. A planta primeira compóñense dunha cociña, un salón e outras estancias nas que podemos ver obxectos artísticos, mobiliario e enxoval doméstico. Desde a última planta, onde destaca unha cheminea renacentista, pódese acceder ao almenado e contemplar a contorna da fortaleza. A capela, do século XVIII, separada do edificio principal, ten planta cadrada con tellado a catro augas. Destaca no seu interior un retablo do século XIX.
martes, 11 de xuño de 2019
Visita a O Enredo do Abelleiro
O alumnado de 3º e 4º visitou o Museo Vivinte do mel.
O obxectivo principal deste espazo familiar é divulgar a importancia da abella a cantas persoas achéganse a visitalo para coñecer un pouco máis deste xigante diminuto.
É un Museo Vivinte no que non só se mostra unha visión da apicultura dos nosos antepasados senón tamén a diversidade de produtos e métodos da apicultura moderna.
Os nenos e nenas puideron degustar e adquirir os distintos produtos naturais derivados das abellas que comercializamos: mel, mel en panal, mel e xelea, mel e canela, mel e noces, pole, propóleos, xelea real,….
sábado, 1 de xuño de 2019
Día mundial do Medio Ambiente
Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
Finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola coa colaboración da Deputación de Lugo
PICA AQUÍ
Xa temos @s finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola!! Participaron preto de 1000 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.
Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa septima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.
A todos @s participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 25 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico de música tradicional!!!!!!
NORABOA PARA:
- ANDREA PINILLA
- ANDREA PIÉLAGO
- IVÁN DÍAZ
A entrega de agasallos terá lugar o vindeiro martes 4 de xuño a partir das 17.30 horas no Centro Cultural o Vello Cárcere de Lugo onde poderemos disfrutar tamén das actuacións d@s nen@s e rapaz@s da Tradescola!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








Pica nas imaxes para xogar 





